#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Mago Javier Muro: SAMARCANDA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60 min.

  • Persoa representante : Javier Muro Alonso

  • Datos de contacto : 661 007 544 - jmuroa@yahoo.es

  • Páxina web do grupo : https://www.javiermuro.es/samarcanda.htm

  • Sinopsis da compañia :

    Os inicios de Javier Muro foron aos 16 anos, facendo a súa primeira actuación nunha discoteca na provincia de Guadalaxara. Con 17 anos entra a formar parte como socio da Sociedade Española de Ilusionismo (SEI). A partir de aí toma contacto con magos da talla de Juan Tamariz, Pepe Carroll, Anthony Blake, etc. Asiste en 1988 e 1989 ás xornadas máxicas internacionais do Escorial (Madrid), organizadas por Juan Tamariz e a Escola Máxica de Madrid, para o estudo e profundización da maxia. No 2002 traslada a súa residencia a Galicia e no 2003 comezou a de-dicarse á maxia a tempo completo, facéndose profesional. Nos anos 2005 e 2006 organizou o Festival Mondariz é Maxia. Durante estes anos realizou varios centos de actuacións entre teatros, auditorios, centros culturais, empresas e privadas. Membro da Asociación "Magos Profesionais de Galicia" (MPG) desde a súa creación no 2006. Está dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia (AGADIC). Ao longo destes anos, creou máis de 15 espectáculos de maxia, algúns deles teatralizados, de mediano e gran formato.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Samarcanda atópase en pleno ruta da seda. Por alí os comerciantes pasaban levando os seus produtos cara a outras terras. Diego Garcés é un mercador recentemente chegado de Oriente, onde nos mostra os seus produtos máxicos traídos de diferentes lugares, produtos que lle salvaron a vida, ou que lle axudaron a non morrer de fame ou sede polo deserto ou polos diferentes camiños por China, India ou Persia. Contaranos as súas aventuras ao longo das súas viaxes, como en China, cando estivo nun mosteiro Shaolín, ou en Yinchuan, onde comprou algúns produtos como a xerra de auga da eterna mocidade, ou utensilios máxicos para facer aparecer comida, ou curacións milagrosas, pero tamén descubriu as marabillosas sedas chinesas. E chegou a Mongolia, India, Exipto, e contará historias vividas con encantadores de serpes, ou no deserto de Arabia, onde a calor pode chegar a dobrar ata os espellos. É un espectáculo de maxia teatralizada, que che transportará ao pasado e farache vivir historias marabillosas.

  • Caché con IVE : 1500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1990.0 €

  • Técnica