
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
MIGALLAS TEATRO: BRINCADEIRAS DA LINGUA
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Infantil e familiar
Duración do espectaculo: 50 minutos
Persoa representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.
Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal
Páxina web do grupo : https://migallas.gal/brincadeiras-da-lingua/
Sinopsis da compañia :
Migallas Teatro vén realizando desde a súa fundación no ano 1992 numerosas actividades de promoción da lingua e da cultura galegas mediante montaxes teatrais; concertos; sesións de narración oral, obradoiros, cursos etc. Alén disto, elaborou materiais audiovisuais como os libros-disco “¡Canta connosco!”, e “Pan de millo”, o disco “Zaragallada” e a serie de 25 vídeos para fomentar a práctica da lingua mediante os ditos infantís tradicionais chamada Brincadeiras da lingua, baseada na páxina web Orella pendella, que coordina desde o ano 2008. Migallas Teatro realizou máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, ten coordinado a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Tamén leva a cabo talleres de expresión dramática, plástica e musical a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc. Na cidade de Pontevedra coordinou desde o ano 1998 ata o ano 2020 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro” que organizaba cada ano o Concello de Pontevedra e polo que pasaron máis de 3000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos. Na actualidade, desenvolve nesta mesma cidade 4 obradoiros denominados ARTEXOGA, que teñen como finalidade crear un espazo de socialización en galego para os 80 nenos e nenas participantes. Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 creou e puxo en escena o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ao aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas. Tamén realiza visitas culturais teatralizadas no Museo de Pontevedra e polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: “A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” e “Paseo máxico pola Boa Vila”. Coordinou os obradoiros de narración oral do Centro de Interpretación de Oralidade de Vigo CIOV e editou o libro “Un avó especial”. Para máis información sobre a compañía, consultar: https://migallas.gal/
Sinopsis do espectaculo:
“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo que ten como obxectivo promover o uso e a transmisión da lingua no ámbito familiar mediante os xogos verbais e os ditos e cancións infantís tradicionais, que forman parte do cancioneiro popular galego, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2025. A través de xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”. Este espectáculo pode dirixirse a público familiar en xeral ou adaptarse a idades concretas ben diversas, tal é a cantidade de ditos e recitados infantís tradicionais que temos na nosa lingua, desde bebés de 6 meses a rapaces e rapazas de ata 12 anos. O importante é saber previamente cal vai ser a franxa de idade do público ao que se dirixe para seleccionar os ditos máis acaídos.
Caché con IVE : 600.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 748.0 €