#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Teatro Ghazafelhos: Ándale, Bon appêtit!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil a partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/%C3%81ndale,%20Bon%20app%C3%AAtit!/

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que nos sorprende con cada nova das súas producións, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia. No seu repertorio destacan obras como Frankenstein, Nana para un Soldado, Bon Appetit, Irinha Bailariña e un longo etcétera. Pepablo Patinho e Montse Piñón son tamén os actores protagonistas do musical de Magín Blanco A nena e o grilo nun barquiño. Nos últimos tempos destacan montaxes como Rubicundo, baseado no libro homónimo de María Canosa ou Ninja, unha tenra historia sobre as relacións humanas e o mundo dende a ollada dunha nena. O humor incomparable dos Ghazafelhos fai desta compañía unha das preferidas polo público familiar.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ándale, Bon appêtit! é unha reposición da exitosa obra de teatro Ghazafelhos ‘Bon Appêtit’. Nesta ocasión, os nosos queridos chefs Felipe, Antonio e Francisco prepararán deliciosos pratos mexicanos facendo un pequeno repaso pola historia do país. Tamales, enchiladas, tacos... unha chea de receitas aderezados co humor dos Ghazafelhos e acompañadas coa aparición de personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Coma sempre, a participación do publico será imprescindible. A peza foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2024.

  • Caché con IVE : 1500 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1900 €

  • Técnica