#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Dani García: Museo Encantado

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 180 minutos

  • Persoa representante : Daniel García Cabeza

  • Datos de contacto : 696 897 501 - info@danigarcia.com

  • Páxina web do grupo : https://youtu.be/jyo8xt00S9Q?si=gaEsKiYCcD982fV9

  • Sinopsis da compañia :

    Dani García iníciase no ilusionismo da man do dúo máxico Lorc&Julit. A partir deste momento, orienta a súa formación cara a ámbitos afíns ao teatro e á maxia, formándose tanto e n España como en Estados Unidos. Dende os primeiros anos, compaxina a produción dos seus propios espectáculos, cos que ten creado un selo persoal, con aparicións en galas, entregas de premios e asesoramento máxico en diversas producións teatrais e musicais. Levou a súa maxia a diversos países do norte de África, Oriente Medio, Europa , Estados Unidos, onde recolleu varios premios polo seu traballo (1º premio en Michigan e 2º premio en Florida, Texas e Missouri) e incluso China onde mantén un espectáculo que durante o 2019 se reresentou simultáneamente no pais asiático e en Europa cun segundo elenco artístico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total comodidade. Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico. A caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia. A cabina de teléfono londiniense, na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono. O fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI, viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través de unha pantalla. O antigo confesionario de igrexa, onde nada é o que parece e non está quen debera, a quen lle regalaremos unha confesión que nunca pensamos que faríamos. Ente cada instalación máxica poderemos desfrutar de pequenas pezas ou ilusións de maxia que nos transportarán ou darán a clave para seguir desfrutando do momento. Guiará o noso camiño un curioso comisario da exposición, a alma que xuntou todos estes encantos para o noso deleite.

  • Caché con IVE : 3000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3000.0 €

  • Técnica