
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA: "J, K, W e Y": UNHA ESCOLMA DE DESPROPÓSITOS
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS: FAMILIAR (DE 5 A 155 ANOS)
Duración do espectaculo: 60 min. aprox
Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA
Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com
Páxina web do grupo : http://www.martinilusionista.com/
Sinopsis da compañia :
Martín Camiña é un ilusionista da morea,...do montón...mais, do montón bo. Espallando un xeito diferente de transmitir sorpresas, abraios, maxia, igualdade e lingua, seus espectáculos caracterízanse polo uso de cachifallos e chilindradas varias, sorprendendo máis que escoitar galego no centro da Coruña. Moi ao seu pesar, seus traballos guionizados no humor, na dinamización da nosa cultura, n@s nos@s escritor@s, na música, na ciencia etc., son contratados por todo tipo de institucións: públicas, privadas e algunha de moi dubidosa actividade. PREMIOS Premio Nacional de Maxia – Donostia Premio Congreso Internacional de Almussafes-València Premio Congreso Asociación Portuguesa de Ilusionismo TAMÉN Xira Xapón 2011 Xira Xapón 2012 ESPECTÁCULOS Ilusións sen Azucre Industrial, “J,K, W e Y”, Urxente Chamamento ó Trouleo, Maxias e Latricadas Varias, Transformando o Presente, Caldeirada de Lingua, Encantamentos de Rúa (con camión escenario), Lingua do País, A Outra Realidade, Laretando nas Lareiras, Corcheas, Semifusas e Ilusións, A Maxia do Museo de Belas Artes, Tralas pegadas de Florencio Delgado Gurriarán, Un Par de Dous, As maxias máis máxicas de tódalas maxias: Carlos Casares, A Maxia de Manuel María, Ilusións para e por Mª Victoria Moreno DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - https://www.inventio.gal/ MAXIA DIRIXIDA A Teatros, Casas de Cultura, Eventos privados, Museos, Auditorios, Colexios, Festivais, Empresas, Asociacións, Congresos
Sinopsis do espectaculo:
Se crías, despois de ler no google maps, que "El Irijo", “Valle de Oro” ou "Piedrafita del Cebrero" eran un desleixo á nosa cultura, ou pedir no restaurante “carne al caldero más un albarito” era estar á moda, agarda ouvir o que seleccionamos en: “J, K, W e Y: unha escolma de despropósitos”. Un espectáculo con mollo de antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia. Un renovado abecedario, cun alcouve de novos pensamentos por agromar no cedo, repousa nesta colleita escénica de irresponsabilidades. Todo o que nunca imaxinabas: a nosa lingua e cultura pendurada do xeito de vida actual, a través dun acto cheo de intres con sorpresas, abraios e moitos sorrisos.
Caché con IVE : 1600.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 2000.0 €