#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TALÍA TEATRO: UNHA INIMIGA DO POBO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 90 MINUTOS

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 630 877 153 - info@taliateatro.gal

  • Páxina web do grupo : https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/unha-inimiga-do-pobo

  • Sinopsis da compañia :

    TALÍA TEATRO AGLUTINA A UN EQUIPO DE PROFESIONAIS DA ESCENA QUE BAIXO A DIRECCIÓN DE ARTUR TRILLO ACUMULAN ANOS DE TRABALLO EN COMÚN E ENTRE OS QUE EXISTE UNA SINTONÍA NA FORMA DE ENTENDER O FEITO TEATRAL. UN DOS NOSOS PUNTOS FORTES DA COMPAÑÍA É O NIVEL DE IMPLICACIÓN DO SEU EQUIPO. UN EQUIPO DINÁMICO, ACTIVO E CON GANAS DE SEGUIR MEDRANDO E ENFRONTARSE CON PAIXÓN A NOVOS RETOS E EXPERIENCIAS. ABORDAMOS PROXECTOS QUE VAN MÁS ALÁ DO PURO ENTRETEMENTO, TEXTOS SÓLIDOS QUE FALAN DA CONDICIÓN HUMANA E PROVOCAN REFLEXIÓN ARREDOR DE DIFERENTES TEMÁTICAS, SEN POR ISTO ESQUECER O QUE LEVA AO ESPECTADOR AO TEATRO: UNHA EXPERIENCIA ESTÉTICA EN VIVO ÚNICA E IRREPETIBLE.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha inimiga do pobo acadou sete Premios María Casares: Mellor espectáculo,Mellor dirección, Mellor actriz protagonista, Mellor actor secundario, Mellor adaptación, Mellor espazo escénico e Mellor iluminación. Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A vixencia do texto maniféstase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX aínda se volveron máis profundos e nocivos na actualidade. Coa vontade de aproximar aínda máis a peza, a Galicia actual serve de escenario para unha proposta onde a desinformación, o poder das redes sociais, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal deseñan un contexto hostil no que as emocións humanas son sometidas á máxima presión. SINOPSE Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

  • Caché con IVE : 5890.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5890.0 €

  • Técnica