#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARIÑA LESTÓN: COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/inicio/

  • Sinopsis da compañia :

    Mariña Lestón é unha actriz graduada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Os seus inicios neste mundo sitúanse na Escola Base de Talía Teatro. Puidemos vela en proxectos como Adolescentes, o seu primeiro espectáculo co que percorreu institutos e centros culturais de toda Galicia. Ou na súa última peza ‘Dende o baleiro ás ondas’, da cal parte ‘Costa da Morte, cartografía dun naufraxio’ e que, ao igual que a anterior, está escrita, producida e interpretada por ela mesma. Mariña Lestón acompañouse dun potente equipo para desenvolver esta produción: Anxo Beiro é un novo director e dop galego inspirado polo mar, a terra e a súa xente. O seu último videoclip foi nominado nesta pasada edición dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo (2024). O material audiovisual deste proxecto corre ao seu cargo. Xaime Beiro, su ma inista audiovisual galego especializado nos motion graphics e vídeos, fóra e dentro do mar. Nesta peza, é o encargado das proxeccións e os vídeos animados. Héctor Pazos é ilumina or, músico e técnico de luz e son. Peza indispensable nas compañías Artesa Cía e, na lonxe a, Teatro de Ningures; pasa a ser o responsable do deseño lumínico deste proxecto, así coma o técnico en xira. Carlos Alonso, galardoado escenógrafo, fi gurinista e deseñador de vestiario. Algúns dos seus últimos traballos puideron verse en esce a en obras como N.E.V.E.R.M.O.R.E , da compañía Chévere; Demente , de Fran Sieira; ou A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante . Nesta obra, é o responsable do espazo escénico, así como da indumentaria. Cristina Domínguez Dapena, ex directora do Centro Dramático Galego, activista e directora teatral, docente da materia de voz e dicción na ESADg... Neste proxecto, nado como un traballo de fi n de estudos, toma as rendas da titori ación do proceso e a asistencia vocal. Vanesa Sotelo é actriz, dramaturga, xornalista, directo a teatral... E ao igual que a anterior, docente na ESADg, exercendo con esta a función de co- itora e, á súa vez, de guía na dramaturxia desta obra.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto. Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.

  • Caché con IVE : 1140.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1745.0 €

  • Técnica