#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CRIS DE CALDAS: DE IDA E VOLTA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/De%20ida%20e%20volta/

  • Sinopsis da compañia :

    Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cú, para que falara, para que calara... Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión. Tanto conto arrolouna que quixo saber máis deles, polo que non lle quedou outra que estudar filoloxía pero iso non foi suficiente. Ela quería vivir entre contos, así que logo preparouse para ser bibliotecaria. E aínda que é un traballo moi creativo e divertido, ás veces sinte que os contos queren saír dos andeis e eu lévaos con ela para que os escoite quen sabe facelo. Outras veces, prefire conversar con quen máis sabe e levar un anaco da nosa tradición no seu contar. Na actualidade, conta para todo tipo de públicos, para quen non ten nin un ano e para que pasa dos cen. Só se precisa orellas, para escoitar, corazón, para deixarse emocionar e boca para sorrir. Propostas de narración oral, monicreques e música para a primaira infancia, para público infantil e familiar e para público adulto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    De ida e volta naceu para non esquecer vidas como a de Dolores, quen levaba a morriña pegada á saia a modo de esperanza. Ou a de José, quen fuxía dunha guerra que non ía con el. Vidas que só parecen lonxanas para quen non ten memoria nin empatía. Este espectáculo de narración oral tamén busca, precisamente, evitar o esquecemento que nos condena a unha falta grave de humanidade. Poesía, música e cancións en directo para coñecer o noso pasado e soñar cun mellor presente e futuro. Una proposta de narración oral e música de Cris de Caldas e Amor Herrera.

  • Caché con IVE : 925.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1340.0 €

  • Técnica