#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Amarelo: O arcón de Noa

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: infantil e familiar a partir de 2 anos

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : Amarelo - Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://www.amarelo.es/gl/noa

  • Sinopsis da compañia :

    AMARELO nace en 2022 como un proxecto adicado á distribución, produción e xestión de proxectos de artes escénicas coa intención de servir de corrente de transmisión entre artistas e programadores e facer chegar ao público espectáculos frescos, atractivos e de calidade. En 2024 produce o seu primeiro espectáculo de danza para rúa coa compañía Raquel Ferradás en en 2025 produce o seu primeiro espectáculo de sala para público infantil e familiar: O arcón de Noa, que se estreará en outubro de 2025.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello, inservible e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundomáxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso preside sobre eles. O ARCÓN DE NOA é un espectáculo de danza-teatro para público familiar a partir de 2 anos que conta unha historia de fantasía que nos mostra outros mundos posibles e maneiras de chegar a acordos, compartindo espazos co que nos resulta alleo e diferente, para mostrar a idea dun mundo posible máis xusto e igualitario.

  • Caché con IVE : 3300.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4400.0 €

  • Técnica