#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARTÍN CAMIÑA + A MAGA FANI: 2 ILUSIONISTAS CUNHA MENCIÑA CONTRA O FASTÍO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS: FAMILIAR (DE 5 A 155 ANOS)

  • Duración do espectaculo: 70 min. aprox

  • Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : http://www.martinilusionista.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Martín Camiña é un ilusionista da morea,...do montón...mais, do montón bo. Espallando un xeito diferente de transmitir sorpresas, abraios, maxia, igualdade e lingua, seus espectáculos caracterízanse polo uso de cachifallos e chilindradas varias, sorprendendo máis que escoitar galego no centro da Coruña. Moi ao seu pesar, seus traballos guionizados no humor, na dinamización da nosa cultura, n@s nos@s escritor@s, na música, na ciencia etc., son contratados por todo tipo de institucións: públicas, privadas e algunha de moi dubidosa actividade. PREMIOS Premio Nacional de Maxia – Donostia Premio Congreso Internacional de Almussafes-València Premio Congreso Asociación Portuguesa de Ilusionismo TAMÉN Xira Xapón 2011 Xira Xapón 2012 ESPECTÁCULOS Ilusións sen Azucre Industrial, “J,K, W e Y”, Urxente Chamamento ó Trouleo, Maxias e Latricadas Varias, Transformando o Presente, Caldeirada de Lingua, Encantamentos de Rúa (con camión escenario), Lingua do País, A Outra Realidade, Laretando nas Lareiras, Corcheas, Semifusas e Ilusións, A Maxia do Museo de Belas Artes, Tralas pegadas de Florencio Delgado Gurriarán, Un Par de Dous, As maxias máis máxicas de tódalas maxias: Carlos Casares, A Maxia de Manuel María, Ilusións para e por Mª Victoria Moreno DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - https://www.inventio.gal/ MAXIA DIRIXIDA A Teatros, Casas de Cultura, Eventos privados, Museos, Auditorios, Colexios, Festivais, Empresas, Asociacións, Congresos

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un orixinal acto de distraccións a estrear, nun percorrido c@s 2 mellores ilusionistas dispoñibles,...non serán @s mellores, mais serán @s máis dispoñibles, amosando unha escolma sobranceira de trangalladas obtidas das súas faldriqueiras. Maxia incitadora ó esparexemento de labazadas contra o fastío, corrixindo a sintonización do presente, co pulo do ilusionismo como sinal emisora. Benvid@s a unha troula de despropósitos, diabruras e chilindradas moi serias...e importantes. Unha laretada de maxias esperpénticas, con prebe de participación do público: un intre de limpeza da ferruxe na articulación mandibular.

  • Caché con IVE : 2400.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2800.0 €

  • Técnica