#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A&Z Producións: A limpadora, a psiquiatra e o marido asesor

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Alejandro Albaiceta Cruz (autónomo)

  • Datos de contacto : 654 415 106 - alejandro@albaiceta.es

  • Páxina web do grupo : https://vimeo.com/1054037981

  • Sinopsis da compañia :

    Alejandro Albaiceta é un profesional con 32 anos de experiencia que exerce como: actor, actor de dobraxe, adaptador de diálogos para dobraxe, guionista e dramaturgo, director e productor teatral e representante de actores e actrices.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Esta traxicomedia pretende homenaxear a todas as mulleres sinxelas que, con poucos estudos e recursos, levan as súas familias adiante. É unha homenaxe á miña madrasta, sen deixar de ironizar sobre a "manía" que tiña coa limpeza e a preocupación constante por "o que dirán". Un día pregunteime como sería que unha muller destas características tivera que matar a alguén por obrigación. ¿Como o faría? E supuxen que, ironicamente, o que máis lle preocuparía sería o sucio que quedaría todo. Enfronte, como posible vítima, decidín poñer a unha muller diametralmente oposta: unha licenciada en psiquiatría, de familia acomodada que viviu sempre nun grupo social elitista, que tras unha crise existencial, decide romper co seu home “asesor” e o seu entorno privilexiado. So para descubrir que non lle van permitir facelo sen consecuencias. Ambas mulleres, ao enfrontarse a unha á outra, descubrirán que só polo feito de ser mulleres, teñen máis en común do que pensaban. Pero, aínda así, pode que non baste para plantar cara e facer fronte común ao patriarcado imperante.

  • Caché con IVE : 1889.94 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2615.94 €

  • Técnica