#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: BARULLO!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : NELSON QUINTEIRO ROA

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/barullo

  • Sinopsis da compañia :

    Nelson Quinteiro Producións é un proxecto cultural e artístico desenvolto polo polifacético artista Nelson Quinteiro no que conflúen máis de 20 anos de formación e experiencia no mundo artístico, tanto como profesional sobre os escenarios como na xestión e consultoría de contidos culturais para todo tipo de institucións. Licenciado en Ciencias Políticas e Master Oficial en Musicoterapia completa a súa sempre continua formación en múltiples áreas artísticas (danza, música, teatro, cabaret, clown, artista de hospital), que o levan a un marcado recoñecemento, sobre todo como fervello e dinamizador cultural. A este nivel, ao longo destes anos realiza diversos cursos para mellorar as súas competencias. Un dos seus perfís máis recoñecido a nivel estatal é o de cabaretero, como director e programador de todas as edicións do "Festival Galego de Cabaré" (12 edicións, dende 2006 a 2021) editando o libro "Pequeno Manual das Artes Perversas" (Primeiro tratado teórico sobre cabaret contemporáneo), programando contidos de festivais como "Compostela Carpa Cabaré 2009", "Cabaré Cabaré! 2021" (Excmo Concello de Pontevedra). Como músico e intérprete de música tradicional galega publicou os discos "Orquestra Gharbo!" (2014) e Músicas de Domingo" (2019), ten participado en programas como “Luar”, "Que nos pille rebolando", "Fun polo vento" ou "A Tarde" da Televisión de Galicia, ou dirixido innovadoras iniciativas como o programa "Supercantos 2017" do Excmo Concello de Pontevedra, ou creado a iniciativa "Mais Cantos" de musicoterapia social e envellecemento activo. Desde o ano 2017 formouse e certificouse como artista de hospital por medio da Fundación Theodora, chegando a ser "Doctor Sonrisa Senior" por medio da súa personaxe "Doctor Logaritmo" e traballando en hospitais públicos de toda Galicia e proxectos a nivel estatal. Traballa en diferentes proxectos de musicoterapia con persoas maiores en residencias públicas con persoas con Alzheimer (AFAPO) en Pontevedra e Marín. Actualmente é profesor das actividades "Musicoterapia. Música para a Felicidade" e "Intervencións Artísticas no Ámbito Hospitalario" na Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, Campus de Pontevedra. Durante todos estes anos creou e dirixiu propostas moi diversas en toda Galicia, como o espectáculo de música e danza “Gharbo!" (2012) en co-produción co Centro Coreográfico Galego, "Brancas. Itinerario Escénico Urbano" (2012, para a Noite Internacional dos Museos da Coruña),"Portamérica Circo Cabaret" no Festival Portamérica 2016, "Pequeno Circo de Nadal" en Rianxo (2016 – 2018) e Salceda de Caselas (2019-2023), o Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Pîñeiro (2017-2022),"Parranda & Trucks” en Portonovo (2017, 2018) ou "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" na Coruña (2017, 2018) entre moitas outras.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Barullo! Espectáculo didáctico infantilarredor dos instrumentos damúsica galega. Unha introdución álinguaxe musical e á músicatradicional a través dos materiais,formas, tamaños e tímbricas dosnosos instrumentos. www.nelsonquinteiro.com/barullo Barullo! é un espectáculo infantil con aires de clown onde Nelson Quinteiro transfórmase no divertido Señor Patajullo, un gaiteiriño ao que acompaña o seu amigo Pepe, un simpático porquiño. O espectáculo baséase na aventura de atopar un instrumento axeitado para Pepe, explorando a rica cultura e música tradicional galega. Nunha viaxe interactiva e visual, descubrirán unha gran variedade de instrumentos. Desde a gaita ata o pandeiro,a pandeireta, claves, peitoque, cuchas, tamboril, kalimbakazoos e máis trebellos, coa axuda de pedais de loo¿para crear ritmos complexos no momento e crear unha auténtica festa. Todo isto mestúrase co engado do clown, creando unha personaxe cómica que combina a música galega coa arte do paiaso. Con ritmos esenciais como a xota, a muiñeira ou o pasodoble, o espectáculo convida ós nenos/as a cantar,bailar e participar desde o primeiro momento. Cun vestiario moi orixinal de gaiteiro vintageconfeccionado con teas vaqueiras, este espectáculoofrece unha experiencia didáctica para toda a familia. Barullo é un espectáculo coidadosamente artellado que promete diversión e alegría para todos/as.

  • Caché con IVE : 550.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 550.0 €

  • Técnica