#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AURORA ARTES ESCÉNICAS: MARUXIÑA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL

  • Duración do espectaculo: 45min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Maruxi%C3%B1a/

  • Sinopsis da compañia :

    Aurora Artes Escénicas está formada por Alma Sarasola e Laura Sarasola. Maruxiña é o seu primeiro espectáculo. Alma Sarasola é trompista e profesora de trompa, de música de cámara e de música e movemento no Conservatorio de Música de Carballo dende 2018 e membro fundadora de dous grupos (CatroCores e InVento). Comezou os estudos de trompa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e finalizounos na Escola Superior de Música de Catalunya no 2013. Laura Sarasola é actriz, diplomada como mestra de educación primaria e co-directora de Caramuxo Teatro. Desde os inicios do seu traballo profesional como actriz no ano 2002 compaxinou a actividade interpretativa coa de mestra de interpretacio´n a nenos e adultos. Actualmente é docente na Escola de Interpretación de Narón. Estivo becada pola Deputación da Coruña para formarse da man de Juan Pastor no centro de interpretación “Guindalera Escena Abierta” de Madrid, despois de estudar durante 5 anos con de Lino Braxe e Flor Maceiras.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Maruxiña inspírase no conto clásico de “Polgariña” de Andersen, para relatar unha nova aventura. Un espectáculo en clave cómica, interdisciplinar con música en directo, no que a protagonista investiga o mundo que a rodea, dende que nace nunha hortensia da maceta da señora Lola. Un día Maruxiña descobre que hai un mundo moito máis grande, que hai amigos e non tan amigos... que lle gustaría voar... Pero o realmente importante é decidir libremente o que unha quere.

  • Caché con IVE : 1695.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1795.0 €

  • Técnica