#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

La Guajira: BIONIC

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Adulto +12

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Ana Beatriz Pérez Enríquez

  • Datos de contacto : 650 681 556 - laguajira523@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://laguajiradanza.com/

  • Sinopsis da compañia :

    La Guajira é un proxecto artístico conformado por Armando Martén, Ana Beatriz Pérez e Ismael Berdei, tres artistas con ampla traxectoria profesional que converxen nun punto común, a expresión artística. La Guajira é onde danza e música entrelázanserumbo á exploración, a creación e a aprendizaxe mutuos. Armando Martén e Ana Beatriz Pérez son dous artistas de orixe cubana. Ambos foron primeiros bailaríns de Danza contemporánea de Cuba e a vida situounos en Galicia na cidade da Coruña onde levan 24 anos dedicados á danza, base e centro nas súas vidas, tanto a nivel profesional como persoal. Desenvolven a súa carreira non só na escena, senón na docencia, na formación de alumnado de perfil profesional e amateur. Para eles a danza é un estado mental e corporal. Bailar para sentirse mellor, para establecer vínculos coas persoas, para mover corazónsDurante estes anos en Galicia puideron traballar con varios artistas de teatro e danza e formaron parte de varios proxectos educativos na comunidade. Foron integrantes dascompañías Druída Danza, Trespasando, Experimenta Danza e Cía Entremans, onde desenvolveron gran parte do seu traballo, vinculado a Artestudio Xestión Cultural. Obtiveron varios premios de coreografía e interpretación: 3º premio no Certame Coreográfico de Madrid con Trespasando 2001 1º premio no V Certame Coreográfico Burgos-NewYork como Inquedanza mais tarde Cía Entremans 2006. 1º premio no IV Certame Coreográfico de Galicia 2006. Co ánimo de emprender unha nova etapa marcada pola experiencia e o desexo de ir cara a outras procuras, comezan un novo proxecto xunto ao músico e docente Ismael Berdei quen foi o creador das bandas sonoras das últimas creacións: Minguantes, Bionic, e Anfibia. Hoxe continúa como parte da ecuación, deseñando a banda sonora dos próximos espectáculos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    BIONIC é unha peza de danza contemporánea con música en directo. Un encontro poético entre disciplinas onde a luz, o son e o movemento comparten universos. Inspirada na simbiose entre o biolóxico e o artificial, reflexiona sobre como a tecnoloxía sedúcenos a mellorar as nosas vidas sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades. “Vimos ao mundo cun corpo que lanzamos á vida para nutrilo de experiencias, disposto a recibir e a dar, un corpo que memoriza vivencias pasadas e desexos futuros cun algoritmo propio, o sentir” .

  • Caché con IVE : 2900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3500.0 €

  • Técnica