#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: CABARET ACUÁTICO (Danza e auga na rúa)

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 80

  • Persoa representante : NELSON QUINTEIRO ROA

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/cabaret-acuatico

  • Sinopsis da compañia :

    Quen Somos Nelson Quinteiro Producións MÚSICA, DANZA E ANIMACIÓN EXPERIENCIAS EMOCIONANTES QUE FESTEXAN AVIDA E A LEDICIA DEVIVIR! Páxina web: www.nelsonquinteiro.com Canle de youtube: https://www.youtube.com/user/cantareiro Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da música, a danza e a animación, especialistas en cabaré e contidos para todo o ciclo festivo do ano. Creamos propostas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. En activo dende 2006, somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), "Brancas" (Noite Internacional dos Museos da Coruña 2011, Gharbo! (Co-produción 2012 do Centro Coreográfico Galego), Compostela Carpa Cabaret (2009), Portamérica Circo Cabaret (2016), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) 2017, 2018, 2019, 2021 e 2022 "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019-2024), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" (A Coruña 2017 e 2018), Festival Cabaré Cabaré (Pontevedra, 2021) , "Sanxenxo en Branco" (Sanxenxo 2019, 2020 e 2023), Aldea de Nadal (Vilagarcía 2023 e 2024), entre moitos outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Cabaret Acuático Unha pasarrúas de danza e cabaret inspirado nos areais de principios de século XX, a ritmo de swing e manouche e con un vestuario e atrezzo que nos leva directamente á Biarritz, á Marsella, á Donostia dos anos 20. https://www.nelsonquinteiro.com/cabaret-acuatico O "Cabaret Acuático" combina a animación de rúa co cabaret e a danza na rúa, nunha proposta con estética marítima e modernista e música swing-manouche, construíndo un espectáculo moi visual, alegre, desenfadado para todos os públicos e que nos emocionará facéndonos sentir o son da auga e as sensacións de mollarnos, refrescarnos, mergullarnos nunha festa de auga! Empregando aspersores, sprais, mangueiras ou regadeiras. Toallas, panos e balóns de praia. E auga! moita auga! Con un vestiario de última xeración e tecido con nanotecnoloxía hidrófuga, unha caracterización moi identificable e un elenco que desfruta, vibra, entra no personaxe e nos ofrecerá o mellor de cada un/ha neste espectáculo de variedades con coreografías corais, números individuais e xogos. Ideóna para animar paseos marítimos, feiras modernistas, areais, festas da auga ou feiras/festas mariñeiras. O noso cabaret acuático non é só unha innovadora proposta artística na que acabamos pingando público e artistas, senón que tambén unha experiencia inesquencible e moi divertida que transforma cualquiera espacio nun escenario costeiro cheo de frescura e diversión.

  • Caché con IVE : 2860.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2860.0 €

  • Técnica