
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
A FARRA XOUS: OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Tódolos públicos
Duración do espectaculo: 45 min.
Persoa representante : SPAIN PROJECT CONSULTING
Datos de contacto : 650 707 333 - japampillon@gmail.com
Páxina web do grupo : https://drive.google.com/drive/folders/1-EGBE1EZefHL2-XOu4kk4-4HMmyi3Lf0?usp=sharing
Sinopsis da compañia :
«Os Ourizos, o musical» é unha obra de teatro musical de monicreques (bocones, de pau e de guante) dirixida a un público familiar e infantil. A obra trata temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xeneros musicais. Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida. ACTORES, MANIPULADORES DE TÍTERES E MÚSICOS NOEMI BLANCO: Actriz e cantante galega. Formada en interpretación na ESAD de Galicia, continuou os seus estudos de teatro na School of Music and Drama de Eskisehir (Turquía). Máis tarde tamén completaría os seus estudos de cine e interpretación con Bernard Hiller en Los Ángeles (California). Ten experiencia en cine e televisión rodando dende publicidade e curtametraxes a películas e series (A Estiba, Serramoura, El desorden que dejas…). Tamén se embarcou en proxectos teatráis, compañías de circo e de animación. Durante uns anos foi a presentadora do programa ‘Festeiros’ e ten experiencia como productora audiovisual e guionista. É vocalista en varios dúos e grupos musicáis (Dos de Copas, Late Çhai, Ollo Piollo…), tanto con música propia como con versións. YAGO DURÁN: Actor e músico con experiencia en distintos xéneros teatrais e escénicos. Participou como actor e presentador tanto en programas coma series de televisión e curtametraxes. Con experiencia en dobraxe en galego, castelán e inglés. Posúe un longo percorrido en animación e presentación de eventos, comediante, camareiro infiltrado etc. Graduado en artes escénicas pola ESAD de Galicia, realizou distintas formacións en España, Turquía, Italia e Chipre dentro do ámbito artístico e pedagóxico. Docente de teatro, técnica vocal e marketing actoral. DIRECTOR Y GUIÓN MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…
Sinopsis do espectaculo:
Cacho é unha ouriza de terra que vive polos montes dos arredores da ría de Vigo. É unha ouriza moi alegre e moi querida por tódolos seus amigos e veciños, pero todo cambia cando chega a adolescencia e as súas pugas comezan a crecer. Pouco a pouco todo o mundo comezará a deixala de lado, pero Cacho consegue refuxiarse na música, coa súa guitarra. Grazas a isto coñecerá a outros amigos na súa mesma situación: Rizo, un ourizo de mar moi riquiño, Picho, un señor ourizo de castaña e Flor unha estupenda toxo habitante dos montes galegos. Tamén se atoparán cunha polbo moi rabuda e un esquío metomentodo que non lle facilitarán moito as cousas. Con todo, os catro amigos conseguirán montar un grupo de rock e cantarán as súas cantigas durante meses ata que en primavera un concurso de bandas fará que todo cambie para eles!
Caché con IVE : 1295.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1495.0 €