#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A FARRA XOUS: O GATO ZAPATO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Público familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : OPEN SPAIN PROJECT CONSULTING, S.L.

  • Datos de contacto : 650 707 333 - openspainproject@gmail.com

  • Páxina web do grupo : afarraxous.com

  • Sinopsis da compañia :

    Breve historial do grupo: 2011- Nace A FARRA XOUS, sen convencionalismos contando con amplia experiencia previa como firma afincada en GALICIA e comprometida coa promoción da nosa cultura e valores. Firma adicada principalmente ao público infantil (animación, teatro e editorial) sen esquecer ó público adulto e que pouco a pouco foi crecendo en diferentes ámbitos: animacións de rúa, contos, decoración con globos, clown... promocionando a nosa cultura, valores e as nosas tradicións tanto na rúa como nos escenarios e recoñecidos auditorios. Unha empresa con infinidade de posibilidades que sempre se adapta ao público para conseguir e captar o mellor dos sorrisos tanto do público coma das entidades que confían no seu traballo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O Gato Zapato pasaba os seus días vendo películas no cine, comendo pasteis de cenoura e mandarinas, e dandose largos baños na charca do bosque, ata que un día perdeu o seu colar. Era o colar que unha amiga lle regalara ao marchar a vivir á cidade, e o Gato Zapato quería recuperalo. É entón cando descubre que o Raposo Fermoso, un Raposo moi presumido, o atopara antes ca el, e para devolverllo pídelle que lle atope algo para adornar a súa pelaxe no seu lugar. O Gato Zapato entón falará con diferentes habitantes do bosque para recuperar o seu colar. Algúns son vellos amigos, como a asustadiza Pega Estrela ou o intelixente Rato Sabio, e outras son novas amizades, como as músicas ambulantes a Vacaloura e a Toupa Foupa ou Carmiña. Entre todos formarán unha cadea de favores do máis peculiar.

  • Caché con IVE : 1295.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1495.0 €

  • Técnica