
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Redrum Teatro: Sophie non é o meu nome de guerra
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Adulto
Duración do espectaculo: 90 aprox (pendente de estrea)
Persoa representante :
Datos de contacto : 617 334 627 - redrumteatro@gmail.com
Páxina web do grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/sophie-non-e-o-meu-nome-de-guerra/
Sinopsis da compañia :
Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.
Sinopsis do espectaculo:
A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigüa e perigosa. Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña. A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizáis en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia. Camiñaremos coa protagonista a través da súa travesía vital e no mapa, desde Yaoundé, capital de Camerún, ata A Coruña. Unha viaxe pola riqueza da cultura popular de África, pola burocracia das políticas migratorias e pola escravitude sexual. O obxectivo principal deste espectáculo é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fines de explotación sexual. A peza afonda nas conexións humanas, familiares, de amizade e de parella de Sophie, unha muller cunha personalidade chea de matices, fuxindo do estereotipo e da revictimización. Descubrindo o amplo prisma da maternidade: como desexo e como instrumento. Na súa forma escénica trátase dunha proposta contemporánea onde os recursos audiovisuais se mesturan cos elementos poéticos e o teatro textual. A atmosfera xerada polo espazo sonoro e escénico mergullará ás espectadoras na viaxe de Sophie.
Caché con IVE : 2904.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 2904.0 €