#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A MAGA FANI: AS AVENTURAS DE 1 CÉLULA CHAMADA A TRIUNFAR

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS: FAMILIAR (DE 5 A 155 ANOS)

  • Duración do espectaculo: 60 min. aprox

  • Persoa representante : A MAGA FANI

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : https://www.magafani.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A Maga Fani conta cunha ampla experiencia profesional no mundo do ilusionismo. Realiza espectáculos en: teatros, auditorios, colexios, casas de cultura, asociacións, museos, fundacións etc. Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos, fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. ESPECTÁCULOS Igualdade: ¿onde estás?, Mar, Terra e Lingua, Maxia Pluricelular, Enredos, Abraios e Vocábulos do País, Unhas Risadas Sorprendentes, Falo porque me peta, 220 voltios de Maxia e Música, “Eric Plancto” quixo ser gaiteiro, 2 ilusionistas Impares, Novidades Magnéticas, @s Aprendices de Brux@, Abraios de Rúa (con camión escenario), Maxia pola Igualdade, A Maxia do Castro de Viladonga ESPECTÁCULOS MÁXICO – TEATRAIS Transformando o Presente (ILUSIONISTA, GUIÓN e DIRECCIÓN) Corcheas, Semifusas e Ilusións (ILUSIONISTA, GUIÓN e DIRECCIÓN) A Outra Realidade (ILUSIONISTA e ACTRIZ) DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - https://www.inventio.gal/ MAXIA DIRIXIDA A Teatros, Casas de Cultura, Colexios, Festivais, Empresas, Asociacións, Eventos privados, Museos, Auditorios, Congresos etc ...E TAMÉN Licenciada en Bioloxía Estudos de Ballet Clásico Estudos de Danza-Jazz Cursos: Expresión Vocal, Canto Vocal e Moderno

  • Sinopsis do espectaculo:

    Sorrisos e pasmos baseados na historia, case real, dunha célula amiga...mais, non unha célula calquera: ¡unha que saíu do mar, foi de mudanza e triunfou!. A Maga Fani conducirá un acto escénico de abraios surrealistas, narrando como escachar membranas celulares e pór, encol do citoplasma, un feixe de gargalladas cun espectáculo para todo tipo de organismos: tanto eucariotas como procariotas.

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica