#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CARAMUXO: OS SENTEITO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL

  • Duración do espectaculo: 45min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Caramuxo%20Teatro/

  • Sinopsis da compañia :

    Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña en 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola que tamén traballa nunha liña específica de creación de propostas para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo. Dende os inicios, a compañía mestura diferentes técnicas (teatro de actor, títeres, danza...) e parte de textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo co obxectivo de crear espectáculos que consigan a fidelización do público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O señor Senteito vive nun pequeno contedor, nunha pequena parcela do seu mundo, vendo o día a día pasar. Un día chegará a señora Senteito e a rutina mudará para sempre. Unha comedia con máscaras e sen texto sobre a importancia da convivencia entre diferentes, e sobre o dereito á vivenda. Protagonizada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez.

  • Caché con IVE : 1425.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1425.0 €

  • Técnica