#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Ibuprofeno Teatro: Reconversión

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto / Educación Secundaria

  • Duración do espectaculo: 100 minutos

  • Persoa representante : Ibuprofeno Teatro S.L.

  • Datos de contacto : 696 730 037 - ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com

  • Páxina web do grupo : https://www.ibuprofenoteatro.com/index.php/gl/espectaculos-gl/item/reconversion

  • Sinopsis da compañia :

    Compañía fundada en 2010 por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, co obxectivo de contar cunha estrutura de creación propia para emprender proxectos teatrais dun xeito independente. Xeramos espectáculos a partir de textos escritos previamente (Raclette, Casa O'Rei...) ou integrando a dramaturxia e a posta en escena nos procesos de creación (A filla de Woody Allen, O mel non caduca...) Gústanos coidar a dimensión plástica dos traballos, experimentando en cada proposta, para falar de temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico. Participamos en numerosas prazas e festivais de dentro e fóra de Galicia, sentíndonos moi ben acollidos e co recoñecemento de premios coma o María Casares en diversas categorías, finalistas nos Max a Mellor Dirección e Autoría ou o Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, entre outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80. RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.

  • Caché con IVE : 5808.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6413.0 €

  • Técnica