#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

YAGO ESPASANDIN LISTA : A HORTIÑA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: NENOS DE 3 A 8 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : YAGO ESPASANDIN LISTA

  • Datos de contacto : 634 449 442 - yago1916@outlook.com

  • Páxina web do grupo : https://aaag.gal/catalogo/yago-espasandin?locale=es_ES

  • Sinopsis da compañia :

    Graduado en Arte Dramática pola Esad de Galicia, concretamente na especialidade de interpretación textual, complementa a súa formación noutras ramas, como a interpretación ante a cámara, e en maior medida na dobraxe. No seu percorrido profesional, onde máis experiencia colleita é no mundo dos contacontos, tanto infantís (A Hortiña, A comunidade Vagalume, Que pasa arriba?) como de adultos (O meigo Xirifo). Dende o ano 2018, encárgase das representacións dos contos de literatura infantil, de escritoras como, Sabela Fernández Trelles (O ladrón de soños, Augusta e os seus medos) e conta cunha gran bagaxe en animacións e na representación de personaxes históricos. En relación con isto, destaca o seu traballo en visitas teatralizadas nos últimos anos, en espazos patrimoniais como O castelo de Moeche, Santo André de Teixido, ou o Ecomuseo Forno do Forte de Buño, onde as súas intervencións gozan dunha grande acollida por parte do público. Despois de un tempo con este proxectos, bota agora a andar en “solitario” para seguir creando pezas na mesma liña e tamén explorar noutro tipo de montaxes, combinando e cambiando os equipos de traballo que o acompañan segundo as necesidade e intereses do proxecto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Hortiña é unha peza orientada ao público de educación infantil ata segundo ciclo de primaria, un xeito máis ameno de achegarlles ese mundo das aves, os bosques, e o coidado do medio ambiente a través do dialogo, a participación e a mitiloxía.“Ledo é un rapaz, gran afeccionado a xardinaría, que vive tranquilo nunha pequena hortiña viaxeira. A Ledo non só lle gusta a xardinaría; desfruta moito coa ornitoloxía, goza da paisaxe, e gustaríalle ser un cento de oficios, que teñen que ver coa natureza, as plantas e as flores. A súa principal preocupación é que o “gris”, coma el lle chama, invada todo, por iso escribe cartas das árbores que vai coñecendo, e bota amigos un tanto curiosos, coma o trasno Salgueiro que lle axudan a que a hortiña viaxeira se faga cada vez máis grande.”

  • Caché con IVE : 350.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 350.0 €

  • Técnica