#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARCOS DIOS: HISTORIAS DE BICHARRACOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +3

  • Duración do espectaculo: 50'

  • Persoa representante : MARCOS DIOS

  • Datos de contacto : 635 271 671 - marcosdios@hotmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1WyUM0GQ8U3_oN6gtXg50oaVv0_P6l96w/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    MARCOS DIOS é creador, actor, titiriteiro e artivista. Traballou como actor, manipulador, director, dramaturgo e escenógrafo en diversas compañías como MIGRALIA, Globo Rojo, CCHDP, Papaluna, Las Raras e outras, no teatro infantil e familiar como para adultos, performance e de rúa. É cofundador e actual membro de Teatrompicones, Bicharracos e M&M. Combina o seu labor escénico con traballos pedagóxico-teatrais tanto no eido educativo formal como non formal. Gañou unha residencia REGA 23 de creación e investigación artística no Gaiás pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Licenciado na RESAD en interpretación, especializouse en construcción e manipulación de monicreques cos mestres de máis sona por toda europa, becado en varias ocasións, pola Academia Europea da Marionneta de Belfort, o Instituto Internacional da Marioneta de Charleville-Mezieres, en Francia, ou Nordland Visual Theatre de Noruega.

  • Sinopsis do espectaculo:

    É un espectáculo teatral, contacontos e musical para público infantil e familiar. Nace da necesidade de sensibilizar cara á dependencia dos máis pequenos polas pantallas e a perda do hábito lector. Por iso, nesta ocasión, quixemos dar máis preminencia á narración oral, pero sen afastarnos nunca da nosa particular visión estética teatralizada da mesma. Partindo dun material tradicional tratamos de darlle un novo enfoque e crear unha linguaxe actual e atractiva para nen@s e adult@s. Para logralo empregamos diferentes técnidca: improvisación, acting, mimo, monicreques, canto, música...dependendo do que estimamos necesario en cada proposta. O espectáculo ten xirado por toda España, Ecuador e Marrocos con moito éxito do público. Argumento: Romito aburrido da súa monótona vida chega á casa disposto a ver a tele, pero non atopa nada que lle guste. Abúrrese ata que mira ao seu redor e atopa un gran libro co que aprenderá tódalas historias que agora conta e canta. Un espectáculo con cancións, monicreques e diferentes historias de fantasía e humor.

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1210.0 €

  • Técnica