
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
XAROPE TULÚ: BAILEN AS VELLAS. OS CONTOS DAS CEREIXAS
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: ADULTO
Duración do espectaculo: 60min
Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net
Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Bailen%20as%20vellas.%20Os%20contos%20das%20cereixas/
Sinopsis da compañia :
Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia no ano 2010. No ano 2015 fundou xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. No ano 2019 traballa como actriz na montaxe do Centro Dramático Galego: Neorretranca e posmorriña. Ademais, no mesmo ano, pasa a formar parte do elenco de Mai Mai, espectáculo da compañía Baobab Teatro. No 2021 comeza o seu proceso de investigación Mudar, un traballo sobre a memoria das mulleres encadrado dentro do programa Violencia Zero-Mulleres en acción. No ano 2022 funda xunto ao bailarín Diego M. Buceta o Colectivo Barriga&Muleta co que participan nos Encuentros de Creación da Red de Teatros Alternativos dese mesmo ano. En decembro de 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración oral para público adulto Vicio Houbo Sempre co que participa nos Festivais Sete Falares de Pontevedra e Versión Original na Sala DT de Madrid. No ano 2024 forma parte do elenco de Os Actos e as Profecías do Centro Dramático Galego. Na actualidade combina o seu labor como produtora, creadora e intérprete na compañía Xarope Tulú co seu traballo interpretativo para outras profesionais das artes escénicas. Forma parte da Asociación Galega de Narración Oral NOGA. Vero Rilo fórmase con referentes da narración oral galega e internacional como Charo Pita, Tim Bowly, Quico Cadaval, Pepito Mateo, Nono Granero, Paula Carballeira, Rodorín, Pablo Albo ou Soledad Felloza e asiste as Escolas de Verán AEDA 2015, 2017, 2018 e 2019. Inicia a súa Formación Actoral con Carlos Neira EspazoAberto, Santiago de Compostela nos anos 2015 e 2018. No 2013 emprende da man do acordeonista Santi Prieto, o proxecto de narración e música para público familiar Daboapipa, ao que seguirán Rilo&Penadique (2017) coa acordeonista Sonsoles Pendique e Apatacón (2018) coa vocalista Faia Díaz. No 2019 protagoniza Divas de Diván coa compañía Tarabela Creativa xunto as narradoras Ángeles Goás e Carmen Conde. No 2019, tomando o relevo da actriz principal, xira coa obra teatral O valo, dirixida por Iván Prado, con Pallasos en Rebeldía. No 2024 fai nacer o proxecto multidisciplinar Indóciles, coa música Mónica de Nut e a poeta Nuria Vil, arredor da figura de Luísa Villalta. Neste mesmo ano, incorpórase ao elenco actoral da compañía Berrobambán, da man de Paula Carballeira (Premio Nacional de Literatura Dramática 2023) coa obra Mulleres que viven soas. Actualmente traballa na compañía Vero Rilo, ao só ou con músicos como Santi Cribeiro e Luís Iglesias. Forma parte da Asociación de Narración Oral Galega NOGA.
Sinopsis do espectaculo:
Bailen as vellas, os contos das cereixas é unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral co galo das Letras Galegas 2025. As narradoras Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron. Os contos ás veces son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis. E así, coma a vida e a amizade, nace esta proposta: botando os contos á boca, un detrás do outro. Cando morre un falante morre un pouco desa lingua e todas as mulleres das que falan nesta peza facían uso de expresións e xeitos que pouco a pouco van desaparecendo, pese a que seguen vivos para moita outra xente. E este espectáculo ten moito de non deixar morrer, de recuperar ademais das súas historias de vida e o seu xeito de falar e estar no mundo. A linguaxe defínenos. E traer as voces de todas estas mulleres a escena permite recuperar un material simbólico e identitario vinculado coa lingua. Este é un espectáculo que intenta recuperar unha cosmogonía, un espazo onde se pon en valor a lingua e onde se lle quere botar un pulso á diglosia (aínda que non sexa tarefa fácil). Bailen as vellas, os contos das cereixas promove o uso e a normalización do galego dando a coñecer a falantes que morreron e que tanto tiñan que dicir.
Caché con IVE : 1170.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1170.0 €