
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
XAROPE TULÚ: MECO E SONO
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: PRIMEIRA INFANCIA
Duración do espectaculo: 35min
Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net
Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Meco%20e%20Sono/
Sinopsis da compañia :
Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada hai dez anos, en 2015, pola actriz Atenea García e polo músico e escenógrafo Nicolás Zamorano. As súas propostas intentan achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: a interpretación actoral, a narración oral ou o teatro de obxectos. Xarope Tulú considera que a experiencia escénica permite medrar dun xeito libre e creativo, favorece o descubrimento doutros mundos posibles e provoca a creación dun espazo para a reflexión. Entre algunhas das súas pezas atópase Lingoreteira, Rilla rilla e A teteira de Kabul, peza finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024. A súa última produción é Meco e Sono, un conto de arrolos para a primeira infancia. A escritora e xornalista Xiana Arias conta con quince anos de experiencia como locutora da Radio Galega en programas como Diario Cultural e Onda Vital e recentemente creou para a compañía de teatro Berrobambán o podcast Mulleres que viven soas. Tamén é a voz da protragonista da colección de audiolibros infantís Sira e o Robot e forma parte do grupo de poesía escénica e performance sonora Clo Plas. Como escritora publicou os libros de poemas Ortigas e Acusación e o relato As Tigresas no volume O ano do Tigre. Meco e Sono é a súa primeira achega á dramaturxia infantil e a súa versión en conto ilustrado publicarase nos vindeiros meses.
Sinopsis do espectaculo:
Meco e Sono é un novo espectáculo de narración oral, teatro de bonecos e creación sonora en directo: un conto de arrolos para a primeira infancia. Nesta ocasión, Xarope Tulú únese á dramaturxia, música e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial e coidada proposta para ás máis pequenas, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de menos de 3 anos que favorece a vivencia positiva do galego. Con Meco e Sono, entre outras cousas as familias e as máis pequenas poderán escoitar e aprender cancións de arrolo en galego, normalizando así o uso da lingua no ámbito familiar e en situacións tan cotiás como o momento de ir durmir. Por outro lado, a peza abre unha xanela para observar como os personaxes de ficción Meco, Sono e Noite falan en galego entre elas e tamén con Fedello, un neno pequeno que expresa as súas emocións, canta, fala e xoga en galego e se relaciona tamén na nosa lingua coas súas novas amizades. Meco e Sono é unha peza que promove a normalización do uso do galego nas idades máis temperás, unha etapa crucial no desenvolvemento lingüístico: cando están aprendendo a falar a e a relacionarse co mundo que as rodea. A peza abre a porta para que o público asistente (as pequenas e tamén as súas familias) afiancen o galego como lingua materna nalgúns casos e empecen a empregalo de xeito normalizado noutros. ‘Fedello é un bebé que non dorme. Parece que lle teme á Noite. Pero a Noite só quere coidalo e que descanse. Para iso envía a dúas amigas para que lle axuden a durmir: Meco e Sono. Cando Fedello di: “teño meco, teño sono’” aparecen as dúas ao seu carón para mexelo e cantarlle uns arrolos. Meco é luminescente e se a vaca fala Mu, ela cando o aperta colle o M e fai MMMMMMMMMMMMM. Sono ten os ollos pechos e anda como bailando, a cámara lenta abanea, ten a pel como de manta e sempre lle canta EAEAEA. Coa axuda de Meco e Sono o noso Fedello non só consegue acougar e durmir senón tamén ser amigo da Noite.’ Meco e Sono é un baile coas palabras acompañadas de música en directo, onde as repeticións, os sons e os contos de arrolos son ferramentas estimulantes para que a cativada normalice o uso do galego para comunicarse, expresarse e relacionarse. A través da peza poderán aprender vocabulario e estruturas lingüísticas e interiorizarán que o galego é unha lingua válida para expresarse en todos os contextos: promoverá unha relación afectiva co idioma que facilitará a súa su aprendizaxe e uso de xeito espontáneo. Meco e Sono é a primeira achega á dramaturxia infantil da xornalista e escritora Xiana Arias e a súa versión en conto ilustrado publicarase nos vindeiros meses con ilustracións de Lúa Gándara.
Caché con IVE : 1340.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1340.0 €