
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
TEATRO DO NOROESTE: AS DAMAS DE FERROL
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: ADULTO
Duración do espectaculo: 90 MINUTOS APROX.
Persoa representante : TEATRO DO NOROESTE, S.L.
Datos de contacto : 633 909 484 - distribucion@teatrodonoroeste.com
Páxina web do grupo : https://www.teatrodonoroeste.com/as-damas-de-ferrol2
Sinopsis da compañia :
Teatro do Noroeste é unha compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que comezou a súa actividade no ano 1987. En todos estes anos produciu montaxes de textos clásicos como Medea, de Eurípides, Rei Lear, Macbeth, Noite de Reis e Romeu e Xulieta, de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, básicamente galegos, como Unha Rosa é unha Rosa, de Suso de Toro, A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, Campo Sur, de Lino Braxe ou o musical Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso e tamén textos como Confesión ou Linda and Freddy, ilusionistas, de Eduardo Alonso. Tamén realizou montaxes de textos infantís como Piratas, de Eduardo Alonso ou Touporroutou da Lúa e do Sol, de Roberto Vidal Bolaño. Unha das súas produccións foi o musical Imperial Café Cantante, Vigo 1936, de EduardoAlonso, que recibiría os Premios Casares ao Mellor Texto, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. E as súas montaxes Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e Último Cowboy recibirían o Premio Max ao Mellor Espectáculo en Galego nos anos 2008 e 2011 respectivamente.
Sinopsis do espectaculo:
“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Dúas mulleres incapacitadas… Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultantes directas a violencia e a ira, unha desesperación que trastorna o xuízo e o sentido da realidade, e, porén, a construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno. Pero, iso si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, se sitúa Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente. Premio Luisa Villalta a Proxecto pola igualdade.
Caché con IVE : 3600.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 4200.0 €