#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Colectivo Glovo: Umbral

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: todos os públicos + publico familiar

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : Hugo Pereira

  • Datos de contacto : 604 002 295 - colectivoglovo@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.colectivoglovo.com/gl

  • Sinopsis da compañia :

    Somos a compañía Colectivo Glovo, unha compañía de danza galaico-portuguesa con sede en Galicia, codirigida por Hugo Pereira e Esther Latorre. Desde a súa fundación Colectivo Glovo percorre diferentes países como España, Portugal, Italia, México, Costa Rica, Corea do sur, entre outros. Coas súas pezas recibiu diferentes mencións e premios en festivais por Europa. Hugo e Esther son os bailaríns, directores e coreógrafos da compañía, cunha longa traxectoria individual, sendo parte de varias xiras de diferentes compañías ao redor do mundo, recibindo varios premios, mencións, bolsas... Esther e Hugo son os creadores e responsables do Programa de Residencia "Atopémonos Bailando" na cidade de Lugo – Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Umbral (Triade + Alleo) é un espectáculo dobre de Colectivo Glovo que combina dúas pezas de forte impacto físico e emocional. A través dunha linguaxe coreográfica potente e visceral, a proposta explora a conexión, a resistencia e a procura de pertenza nun mundo en constante cambio. O corpo convértese no eixo dun diálogo co espazo e co espectador, onde o risco, a sensibilidade e a enerxía conviven nunha posta en escena que desafía os límites do movemento. Xuntas, ambas pezas constrúen un diálogo poético e contundente co espazo e co espectador.

  • Caché con IVE : 2500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2750.0 €

  • Técnica