#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Clara Ferrao Diz: Miñaxoia

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 13 minutos

  • Persoa representante : Amarelo (distribución)

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : www.claraferraodiz.com

  • Sinopsis da compañia :

    Intérprete, docente e creadora de danza contemporánea. Formada en danza clásica na Escuela Hannelore y Deborah, Vigo. Titulada en danza contemporánea polo Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma, Madrid. Master en «Danza y Artes del Movimiento» na UCAMurcia. Asiste como docente, bailarina e continuando a súa formación a festivais en España, Portugal, Inglaterra, Francia, Alemania, Canadá, Polonia, Eslovenia e México. Como bailarina, cabe destacar a súa participación na peza “Garage” da compañía de teatro Voadora; e no musical “Galicia Canibal” coreografiado por Mónica García e Janet Novás. Tamén traballa de forma colectiva como coreógrafa e bailarina colaborando con distintas compañías, como Maximiliano Sanford, Nuria Sotelo, Can Cun Quinqué... Foi premiada polas pezas "Pies de plomo", "Ensaio amor", "Miñaxoia" e "Lara Hierro”. Actualmente traballa coa compañía Al-badulaque de Cáceres, na súa produción “Serrana”; co Colectivo Vacaburra de Santiago de Compostela, na súa peza “Festina Lente”; co Colectivo Glovo de Lugo, na súa peza “Tabú”; con Nuria Sotelo na peza “Vestirme de ti”; e con Salomon Penso na peza “La cura”. Compaxina a súa traxectoria profesional como bailarina coa ensinanza; impartindo clases regulares, obradoiros e jams en diferentes centros e festivais; e organizando eventos como “Gondomar en Contacto”

  • Sinopsis do espectaculo:

    "Un corpo, unha vibración, un croque, unha fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que esto vai mudar. Ás veces todo parece invisible, so está o corpo, so o cansanzo, so o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.”

  • Caché con IVE : 770.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1210.0 €

  • Técnica