#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Colectivo D'elas: É Difícil Fotografar o Baleiro

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : Amarelo / Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarleo.es

  • Páxina web do grupo : www.amarelo.es/baleiro

  • Sinopsis da compañia :

    D´elas é un colectivo de danza integrado por 7 xovenes artistas emerxentes galegues e dirixido por Julia laport . Xuntámonos en setembro do ano 2020 pola necesidade de desenvolver a través da colectividade. Traballamos dende a experimentación, o desenvolvemento de conceptos e o visual e estético, o que resulta en creacións contemporáneas cunha mestura de linguaxes, moitas de elas procedentes das danzas urbanas.

  • Sinopsis do espectaculo:

    É difícil fotografar o baleiro é un espectáculo de 60 minutos de duración para teatros e auditorios con seis intérpretes en escena. Este espectáculo é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestionamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. A través das experiencias de seis corpos moi diversos atopámonos coa superficialidade da identidade, cunha busca dunha esencia que nunca se pode atrapar. As dinámicas xeradas entre estas seis intérpretes, mergullan ao espectador nun tránsito entre corpos baleiros e corpos que aluden a intuición, a trascendencia, a ilusión, e que procuran máis aló da súa propia carne. Nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades extraordinarias pero coas limitacións de ser mortais, magullables e imperfectos. Unha tentativa de habitar un corpo cru, doente, limitante pero un corpo capaz de amar, sacrificar ou soñar máis aló. Afundindo ao espectador nunha viaxe visceral, siniestra e chea de metáforas e imaxes. Coa atención á música, á coordinación e ao uso da palabra que caracteriza ao colectivo, É difícil fotografar o baleiro é un mundo plástico que por momentos lévanos a ver a música a través dunha masa de corpos, e por momentos atopámonos mergulladas na intimidade do individuo, no seu baleiro. A potencia de seis corpos entregados á escena na procura dunha identidade colectiva, dunha identidade propia, dunha esencia que parece imposible de alcanzar. Unha falta de identificación, unha colectividade a partir do único que queda, o corpo. Unha busca do baleiro como centro de tódalas cousas.

  • Caché con IVE : 4950.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5500.0 €

  • Técnica