#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA: UNHA VERBENA POLÍTICA: PM - o PARTIDO polo MEDIO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS: FAMILIAR (DE 8 A 155 ANOS)

  • Duración do espectaculo: 60 MIN. APROX

  • Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : http://www.martinilusionista.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Martín Camiña é un ilusionista da morea,...do montón...mais, do montón bo. Espallando un xeito diferente de transmitir sorpresas, abraios, maxia, igualdade e lingua, seus espectáculos caracterízanse polo uso de cachifallos e chilindradas varias, sorprendendo máis que escoitar galego no centro da Coruña. Moi ao seu pesar, seus traballos guionizados no humor, na dinamización da nosa cultura, n@s nos@s escritor@s, na música, na ciencia etc., son contratados por todo tipo de institucións: públicas, privadas e algunha de moi dubidosa actividade. PREMIOS Premio Nacional de Maxia – Donostia Premio Congreso Internacional de Almussafes-València Premio Congreso Asociación Portuguesa de Ilusionismo TAMÉN Xira Xapón 2011 Xira Xapón 2012 ESPECTÁCULOS Ilusións sen Azucre Industrial, “J,K, W e Y”, Urxente Chamamento ó Trouleo, Maxias e Latricadas Varias, Transformando o Presente, Caldeirada de Lingua, Encantamentos de Rúa (con camión escenario), Lingua do País, A Outra Realidade, Laretando nas Lareiras, Corcheas, Semifusas e Ilusións, A Maxia do Museo de Belas Artes, Tralas pegadas de Florencio Delgado Gurriarán, Un Par de Dous, As maxias máis máxicas de tódalas maxias: Carlos Casares, A Maxia de Manuel María, Ilusións para e por Mª Victoria Moreno DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - https://www.inventio.gal/ MAXIA DIRIXIDA A Teatros, Casas de Cultura, Eventos privados, Museos, Auditorios, Colexios, Festivais, Empresas, Asociacións, Congresos

  • Sinopsis do espectaculo:

    Benvid@s á presentación do: PM -“PARTIDO polo MEDIO”: O TEU XENUÍNO PARTIDO O “Partido polo Medio” é unha agrupación fendida pola metade...e dicir, auténtica!. O PM (Partido polo Medio) organizará unha verbena máxica no seu concello. O "Partido polo Medio" afirma cumprir o 50% do que prometa e devolver as esculturas a súa lugar de orixe: as rotondas. O "Partido polo Medio" é unha agrupación que baila coa ideoloxía de importación...non lle importa facer o que faga falta para que fiques como estabas. O "Partido polo Medio" é unha formación folclórica transcendental. Ideas tan profundas que atravesan a mentalidade actual: coma obrigar a rotar o presentador de Luar ou instalar máquinas expendedoras de labazadas na porta dos concellos, facenda e seguridade social. O "Partido polo Medio" é unha organización de movemento, “escénico”, diagonal: colle un pouco de aquí, unha migalla de alá e unha faragulla de acolá, e con todo elo, deixarache indiferente e na apatía, para que logo decidas libremente, cando olles teu xornal favorito ou vexas teu telexornal parcial, de confianza. O PM non vai na procura do teu sufraxio,..o PM sufre por ti, para que procures dun bo espazo no campo da festa. O "Partido polo Medio" designará @ mellor candidat@ dispoñible,...non será @ mellor, mais será @ máis dispoñible, amosando un programa electoral cheo de cordas, xornais, papeis e todo tipo de corruptelas máxicas cun único obxectivo: que a participación da asistencia sexa transformada nunha gran, e inesquecible, verbena.

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica