#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A MAGA FANI: MAR, TERRA E LINGUA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS: FAMILIAR (DE 5 A 155 ANOS)

  • Duración do espectaculo: 60 min. aprox

  • Persoa representante : A MAGA FANI

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : https://www.magafani.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A Maga Fani conta cunha ampla experiencia profesional no mundo do ilusionismo. Realiza espectáculos en: teatros, auditorios, colexios, casas de cultura, asociacións, museos, fundacións etc. Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos, fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. ESPECTÁCULOS Igualdade: ¿onde estás?, Mar, Terra e Lingua, Maxia Pluricelular, Enredos, Abraios e Vocábulos do País, Unhas Risadas Sorprendentes, Falo porque me peta, 220 voltios de Maxia e Música, “Eric Plancto” quixo ser gaiteiro, 2 ilusionistas Impares, Novidades Magnéticas, @s Aprendices de Brux@, Abraios de Rúa (con camión escenario), Maxia pola Igualdade, A Maxia do Castro de Viladonga ESPECTÁCULOS MÁXICO – TEATRAIS Transformando o Presente (ILUSIONISTA, GUIÓN e DIRECCIÓN) Corcheas, Semifusas e Ilusións (ILUSIONISTA, GUIÓN e DIRECCIÓN) A Outra Realidade (ILUSIONISTA e ACTRIZ) DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - https://www.inventio.gal/ MAXIA DIRIXIDA A Teatros, Casas de Cultura, Colexios, Festivais, Empresas, Asociacións, Eventos privados, Museos, Auditorios, Congresos etc ...E TAMÉN Licenciada en Bioloxía Estudos de Ballet Clásico Estudos de Danza-Jazz Cursos: Expresión Vocal, Canto Vocal e Moderno

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Mar, Terra e Lingua” é unha romaría de lingua, maxia e risadas. É unha escolla de feitizos nuns diálogos rebuldeiros para toda a audiencia, co fin de manifestar o bo facer do noso idioma, de visibilizar moitas das súas posibilidades, de animar á súa utilización para novos e novas falantes, de mudar pensamentos pretéritos e ideas preconcibidas relacionadas coa nosa cultura, sociedade etc. Verdadeiramente, somos ditos@s ao dispor do galego. Coa súa beldade e forza podemos comunicarnos, ora facendo tratos e negocios, ora coñecendo xente e empatizar con ela,…e viaxar, convivir, cavilar ou matinar. Podémolo compartir directamente con preto de trescentos millóns de persoas! ...e aprender das demais linguas e individuos!. A realidade non é estática: todo, incluído ás linguas, están en constante proceso de cambio!. Esta obra quere amosar que, da bravura do noso mar e da capacidade produtiva desta terra, agroma unha fala para namorar á sociedade. Benvid@s a un encontro escénico para partillar coas xentes da costa, que fornecen co peixe, e da terra, que sementan nosos grans: O galego é un fío comunicativo para o empresarial, o institucional, o teatral, o familiar...en resumo, o cotiá. Infindas opcións e exemplos, nun acto de ilusionismo sociolingüístico, coa finalidade, entre outras, de estender a normalización do que, a priori, non habería que loitar por normalizar: a riqueza de ter un idioma, un xeito de comunicarnos, de vivir e sentir.

  • Caché con IVE : 1600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2000.0 €

  • Técnica