#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TARABELA CREATIVA: O QUE NON ESTABA ESCRITO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 75 MINUTOS

  • Persoa representante : TARABELA CREATIVA

  • Datos de contacto : 654 363 031 - INFO@TARABELACREATIVA.COM

  • Páxina web do grupo : WWW.TARABELACREATIVA.COM

  • Sinopsis da compañia :

    Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga. Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual... A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación. Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “Deperto”, “A boca chea”, "Sete falares", "Oikonomos", “Festival Escena Muller”... A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena. Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia "Quéreme soar!" para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da direcciónartística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega. Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias.Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Carmen Conde leva 20 anos recollendo, escribindo e contando historias. Percorrendo toda a xeografía galega e conversando no camiño con centos de persoas que lle legaron xenerosamente anacos marabillosos das súas vidas. 'O que non estaba escrito' ten este título porque os relatos que Carmen conta non estaban escritos (certo!), mais tamén polo extraoficiais e polo especiais que son! Inspirados en todo canto apañou da oralidade, ficcionados pola propia Carmen nunha mistura indistinguible entre realidade e imaxinación e devoltos á voz falada, a través das narracións desta sesión para público adulto. Unha escolma na que ata a vida máis anónima roza o improbable e a maior normalidade choca co delirio. Unha sesión onde Carmen falará de curas que se namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas, mulleres evanxelizadoras do pracer ou o primeiro explorador de buratos negros, entre outros... Cada contada incluirá un repertorio distinto, perfectamente escollido en modo aleatorio para a ocasión.

  • Caché con IVE : 605.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 605.0 €

  • Técnica