#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BÁGOA PRODUCIÓNS: CALÍGULA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : ARTYC CONTENT

  • Datos de contacto : 605 805 101 - rcoca@artyc.es

  • Páxina web do grupo : http://www.bagoaproducciones.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Bágoa Producións fúndase en 2018 polo actor lalinense Xoel Fernández e a produtora e directora de arte Marta González. Calígula é a primeira obra da compañía tras máis de 15 anos de experiencia en artes escénicas.

  • Sinopsis do espectaculo:

    "Unha experiencia teatral sobre o amor e o odio, o significado e o absurdo do mundo". Baixo a dirección de Mabel del Pozo, o actor Xoel Fernández dá vida ao emperador romano Calígula para, a partir da súa traxedia histórica, reflexionar sobre a natureza humana, a perversión da sociedade e o existencialismo. A terrible dor que supón para Calígula a perda da súa irmá Drusila, desatará no seu interior unha rebelión metafísica contra a orde das cousas. Se o mundo é absurdo, o seu goberno tamén o será. Obsesionarase entón co imposible, coa lúa… Presentarase a si mesmo como un deus e tratará, grazas ao seu poder absoluto, de pervertir todos e cada un dos supostos valores humanos. E todo isto farao fronte á mirada impasible da súa xeración. Fronte aos nosos ollos. Si. “Fixen todo o que fixen, porque podía facelo”.

  • Caché con IVE : 2420.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2904.0 €

  • Técnica