#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TARABELA CREATIVA: VAITES, RAPARIGA!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 85 MINUTOS

  • Persoa representante : TARABELA CREATIVA

  • Datos de contacto : 654 363 031 - INFO@TARABELACRETIVA.COM

  • Páxina web do grupo : WWW.TARABELACREATIVA.COM

  • Sinopsis da compañia :

    Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga. Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual... A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación. Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “Deperto”, “A boca chea”, "Sete falares", "Oikonomos", “Festival Escena Muller”... A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena. Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia "Quéreme soar!" para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da direcciónartística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega. Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias.Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Non é preciso darlle moitas voltas: 'Vaites, rapariga!' é un western. Deses do Salvaxe Oeste. Salvaxe, pero non lonxano, ollo. Porque Carmen 'Lingua Afiada' Conde e Su Garrido 'Guitarra Lenta' Pombo únense para traernos as historias e as melodías do noso Noroeste. Onde as paisaxes galegas, as súas personaxes, o seu xeito de buscarsea vida, de enfrontarse aos conflitos e de explorar novas posibilidades teñen un “aquel” coas pelis de vaqueiros. Unha contada ao galope entre o Salvaxe Oeste americano e o Feroz Noroeste galego. Con toques de humor negro, surrealismo, emotividade e certo aire explosivo. Tres historias: unha heroína que lidera a resistencia dos nativos chairegos. Un home delirante que marcha do Canón do Sil ao Canón do Colorado. O foraxido con máis chiripa de toda a costa oeste, de corazón grande e mans pequenas, que “a caga” xusto no último momento. Todo aderezado pola banda sonora a base de voz, pandeireta, sacho, guitarra ou loop.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica