#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PAPORRUBIO: Varietés do Animalario

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil a partir de 3 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Variet%C3%A9s%20do%20animalario/

  • Sinopsis da compañia :

    O Paporrubio nace en Lalín no ano 2013 da man de Luchi Iglesias. A súa personalidade enredante e argalleira fixo que dende moi novo se interesase polas formas de diversión da xente, o que unido ao seu traballo de actor, titiriteiro e escenógrafo deu como resultado O Paporrubio. Este é un proxecto que xira ao redor dos xogos populares, sempre á procura da súa revitalización a través da inclusión de elementos teatrais, musicais e plásticos, pero que non esquece o que de lúdico e comunitario teñen de por si os xogos tradicionais. Paporrubio nace en base a dúas liñas de traballo moi definidas e dependentes unha da outra: A artesanal e a escécnica.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous SE volven vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras. Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galega: os enredos lingüísticos, a cachaporra, a astucia do heroe e do anti heroe…. O punto de partida para este texto orixinal é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luís Foxo.Idea orixinal e texto: Carlos Quintá Dirección e dramaturxia: Luchi Iglesias e Carlos Quintá Construción de títeres e escenografía: Luchi Iglesias Música: Carlos Quintá sobre unha canción recollida no Courel Titiriteiros e actores: Luchi Iglesias e Carlos Quintá

  • Caché con IVE : 1090.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1090.0 €

  • Técnica