#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Malasombra: BERNARDA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Xoque Carbajal

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía MALASOMBRA é unha empresa de produción e distribución de espectáculos profesionais de teatro en lingua galega dende o ano 2006. Nos últimos 10 anos posiciónase como unha das compañías con maior número de representacións en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “BERNARDA” recolle o punto de partida de “La casa de Bernarda Alba”, escrita por Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito. Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa reacción é clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.” “BERNARDA” é unha historia comprensible e universal, coa que calquera pode sentirse identificado, pois quen máis quen menos viviu ou vive na súa casa un choque xeracional, onde os valores e os costumes dos máis vellos tópanse de fronte contra a necesidade dos máis novos de crear un mundo distinto cos seus propios códigos e condutas. En “BERNARDA”, este choque de xeracións está sustentado pola interpretación das tres actrices do espectáculo, onde Luisa Merelas, unha das mellores actrices do teatro e audiovisual galego, dará vida a Bernarda, o eixo da historia, que estará secundada por dúas actrices emerxentes e talentosas (Esther Aja e Celia González) que serán as encargadas de encarnar ás súas fillas, coas que loitará con todas as súas forzas para que non se vaian do rego que ela lles marque.

  • Caché con IVE : 2904.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3388.0 €

  • Técnica