#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Magia en la Manga: A igualdade non ten truco

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 699 792 388 - info@magiaenlamanga.com

  • Páxina web do grupo : https://magiaenlamanga.com/gl/

  • Sinopsis da compañia :

    Magia en la Manga é unha compañía profesional de ilusionismo conformada por tres magos galegos con máis de quince anos de experiencia sobre todo tipo de escenarios en todo o territorio nacional: Óscar Fernández, Sara Rodríguez e Carlos Tomico. Todos eles cun estilo e forma de facer de seu, pero co obxectivo común de difundir e poñer en valor a maxia como arte escénica en pleno dereito. Dende a súa orixe como marca comercial en 2018, o grupo especializouse en espectáculos dirixidos a programacións culturais en diversos formatos para todos os públicos, destacando “A igualdade non ten truco”, “The Best Magic Trick in the World” ou “Ilusións do Camiño”. No 2023, Magia en la Manga dá outro paso na súa traxectoria ao establecerse como sociedade cooperativa e ao converterse na primeira compañía de maxia asociada a Escena Galega, así como coa apertura da primeira escola de maxia de Galicia en Vigo. Na súa traxectoria, o proxecto Magia en la Manga foi recoñecido no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto de emprendemento na categoría de Formación, Educación, Arte e Cultura. Entre as súas colaboracións encóntranse o Museo Centro Gaiás, Xacobeo 2021,, Fundación Ciudad de la Energía, Vigocultura, Salón do Libro de Pontevedra, Vialia Vigo ou Grupo SM, entre moitos outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A IGUALDADE NON TEN TRUCO Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. Da man de Sara Rodríguez e Oscar Fernández, chega A igualdade non ten truco, un espectáculo divertido e máxico para todos os públicos que transmite ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual: promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Neste espectáculo de maxia educativa, unha maga e un mago forman este dúo para realizar misterios e imposibles que ademais nos levarán por diferentes ideas e conceptos do feminismo e da igualdade de xénero. Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado, ou unha volta atrás no tempo á época das primeiras e máis importantes magas; son algúns exemplos do que poderedes ver neste espectáculo cheo de sorpresas ata o final onde nada é o que parece. Unha aventura máxica para toda a familia na que descubriremos que, efectivamente, a igualdade de xénero non ten truco ningún.

  • Caché con IVE : 2238.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2238.0 €

  • Técnica