#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Sonsoles Penadique: Café Dorothé

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: XERAL

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : CHARLATANA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://charlatana.org/docs/catalogo/musica_infantil.pdf

  • Sinopsis da compañia :

    CAFÉ DOROTHÉ son Sonsoles Penadique, Virxilio da Silva e Xandre Martínez. Presentan o seu espectáculo homónimo, Café Dorothé, no que misturan narración oral e música. Cunha posta en escena diáfana que transmite un ambiente de merenda relaxada, a compañía buscará a participación do público para dar a coñecer a marabillosa labor que a musicóloga Dorthé Schubarth levou a cabo, e que deixou reflectido nun dos libros máis importantes da historia da nosa música tradicional. Ao longo do espectáculo, a compañía non só pon en valor a labor de Dorothé e da súa figura, se non tamén da figura das mulleres informantes, grazas as cales o traballo de Dorothé se enchou de contido, e, por suposto, da música tradicional e popular galega. Sonsoles Penadique ten unha ampla formación académica como música, e mestra. No ámbito artístico, no que leva traballando de xeito profesional dende máis de 10 anos, liderou como cantante o grupo Azul de Bueu, proxecto de fusión de música tradicional e jazz. Foi a acordeonista e cantante no trío de música folque Xonxas. Tamén realizou o traballo de musicalización xunto con Carlos Fandiño na obra da compañía de títeres A xanela do maxín, ou As aventuras de Gale. Co dúo Oradaladou, xunto a Carlos Quintá ao violín e ás voces, realizou un traballo discográfico no 2019 que acompaña a reedición da Editoiral Galaxia da obra de Antonio Fraguas Cantigueiro de Cotobade. Dende 2017 é a metade da compañía de narración oral e música Rilo&Penadique, xunto coa narradora Vero Rilo con quen ten en catálogo máis de media ducia de espectáculos para bebés, meniñas e adultas. Tamén xira coa súa compañía unipersoal SONSOLES PENADIQUE. Virxilio da Silva conta cunha sólida formación música, especializado no xénero de jazz. Gravou o seu primeiro álbum “106 Underground St.” en 2005, coliderando o S.O.S. Trío. No 2009 lanzou o seu primeiro traballo como líder, Odysseia. Lidera a banda de jazz-rock JUZZ, en activo desde 2018, e colidera outros proxectos, todos eles con traballos discográficos editados. Ten tocado e gravado con músicos de renome internacional como Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, ou Myron Walden, entre outros nomes. Conta con diversos recoñecementos, como o Premio Concerto Autor SGAE (2005), o 1º Premio de Grupos das Escolas de Jazz de Portugal (Lisboa, 2008), ou dous Premios Martín Códax da Música (2014 e 2016). Xandre Outeiro é mestre de pandeireta, canto e baile dende hai máis de 15 anos. Tamén é músico percusionista e bailarín. Como músico participou en proxectos coma o grupo de pandereteiros O Tear de Llerena (Guillerme Ingnacio, Marcelo Do Bode, Xito Outeiro), Projecto Trépia e A Máquina de Meter Medo (con Cayetano Amenábar), alén de múltiples colaboracións con grupos e artistas como PelDeNoz (Alonso Caxade e Alberte Rodríguez) e Nelson Quinteiro, ou traballos como produccións para bandas sonoras de documentais e propostas audiovisuais con Marta Verde. Como bailador, foi titular do corpo de baile de GS21 (dir. Óscar Cobos) e do grupo de baile de O Fiadeiro (dir. Chisco Feijoo).Café Dorothé

  • Sinopsis do espectaculo:

    Preguntábanlle as mulleres cando pousaba a gravadora sobre a mesa das dúas cociñas. -Café, Dorothé? Preguntábase nas longas horas de poñer por escrito as cancións que lle cantaran. -E vós, queredes café? Imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé Schubarth escritas nos seus libros. Con café, con Antón Santamarina e con moita paciencia e traballo Dorothé logrou realizar esta obra que a día de hoxe segue a ser considerada o máis amplo repertorio da musical popular de tradición oral galega. Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presentan este espectáculo para público familiar con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.

  • Caché con IVE : 1500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica