#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MIGALLAS TEATRO: "Falemos como galegas"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Mocidade e persoas adultas

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.

  • Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal

  • Páxina web do grupo : https://migallas.gal/falemos-como-galegas/

  • Sinopsis da compañia :

    Migallas Teatro vén realizando desde a súa fundación no ano 1992 numerosas actividades de promoción da lingua e da cultura galegas mediante montaxes teatrais; concertos; sesións de narración oral, obradoiros, cursos etc. Alén disto, elaborou materiais audiovisuais como os libros-disco “¡Canta connosco!”, e “Pan de millo”, o disco “Zaragallada” e a serie de 25 vídeos para fomentar a práctica da lingua mediante os ditos infantís tradicionais chamada Brincadeiras da lingua, baseada na páxina web Orella pendella, que coordina desde o ano 2008. Migallas Teatro realizou máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, ten coordinado a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Tamén leva a cabo talleres de expresión dramática, plástica e musical a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc. Na cidade de Pontevedra coordinou desde o ano 1998 ata o ano 2020 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro” que organizaba cada ano o Concello de Pontevedra e polo que pasaron máis de 3000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos. Na actualidade, desenvolve nesta mesma cidade 4 obradoiros denominados ARTEXOGA, que teñen como finalidade crear un espazo de socialización en galego para os 80 nenos e nenas participantes. Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 creou e puxo en escena o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ao aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas. Tamén realiza visitas culturais teatralizadas no Museo de Pontevedra e polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: “A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” e “Paseo máxico pola Boa Vila”. Coordinou os obradoiros de narración oral do Centro de Interpretación de Oralidade de Vigo CIOV e editou o libro “Un avó especial”. Para máis información sobre a compañía, consultar: https://migallas.gal/

  • Sinopsis do espectaculo:

    Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego? “Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor. María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”. As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc. Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.

  • Caché con IVE : 1398.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1598.0 €

  • Técnica