#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

De Ste Xeito Producións: Running

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12anos

  • Duración do espectaculo: 75min

  • Persoa representante : De Ste Xeito Producións

  • Datos de contacto : 660 147 486 - destexeitoproducciones@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.destexeito.com

  • Sinopsis da compañia :

    Reivindicamos o acto creativo e teatral como un valioso instrumento terapéutico, autoanalítico e interpersonal, nun mundo cada vez máis deshumanizado. As nosas propostas interrogan sobre a identidade do individuo, sempre fronte un outra; desde unha dramaturxia propia, resultante do procesos de creacíon colectiva, e adaptada especificamente a cada proposta. As relacións e como nos cambian convértese no noso maior eixo de investigación. A nosalinguaxe escénico pódese tornar máis poética ou humorística segundo as necesidades de cada espectáculo; pero conservando sempre o obxetivo de tocar íntimamente ao espectador, xerando ao tempo pensamento crítico e emoción. A verdade escénica é valor fundamental, xunto co necesario exercicio de introspección que pretende tamén resoar con cada un d@s integrantes do equipo en cada proceso… Para finalmente resoar co público nun facer honesto e próximo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo? Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

  • Caché con IVE : 2050.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2250.0 €

  • Técnica