#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Redrum Teatro: O pequeno poni

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 65 min

  • Persoa representante : Redrum Teatro

  • Datos de contacto : 692 632 733 - redrumteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/o-pequeno-poni/

  • Sinopsis da compañia :

    Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Luismi é un neno de dez anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, ‘O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos. Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014. O neno protagonista de ‘O pequeno poni’ non é produto da ficción construída por Paco Bezerra. Luismi é un neno de carne e óso. Existe e ten, desgraciadamente, moitísimos nomes. En Carolina do Norte, no ano 2014, o pequeno Grayson Bruce de nove anos, non puido entrar na súa escola despois de sufrir ataques físicos e verbais por parte dos seus compañeiros por levar unha mochila da serie de televisión “My little Pony”. A dirección do centro considerouno “detonante de acoso” e acusou o menor de “disrupción na aula”. Un mes antes, outro rapaz de once anos chamado Michael Morones sufriu un episodio similar por seguir a estes debuxos. Tentou suicidarse e durante sete anos sufriu danos cerebrais irreversibles pola falta de osíxeno antes de falecer. Sen pretendelo, a serie ‘My little Pony’ converteuse nun dos maiores símbolos da loita contra o acoso escolar a nivel mundial. O dramaturgo Paco Bezerra leu as historias destes dous rapaces e soubo que non podían quedar nun mero titular de xornal e creou un texto tan descarnado e real como imprescindible nunha sociedade que necesita profundar moito máis na loita contra o acoso escolar. ‘O pequeno poni’ é un retrato sensato e necesario sobre o medo, a soidade, a inseguridade e iso denominado como a ‘ditadura da maioría’. Un dos aspectos máis interesantes da obra creada por Bezerra é que aborda o acoso escolar desde o ámbito familiar. Esta é unha obra sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo. Que expón preguntas coma se o mundo é un lugar habitable para os diferentes, se o colexio é un lugar seguro para os nenos que son distintos, ou se o seu propio fogar é un lugar seguro para un rapaz que simplemente é distinto á maioría.

  • Caché con IVE : 2904.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2904.0 €

  • Técnica