#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: AS NOSAS MÚSICAS¿ D´AQUÍ. Contos e cantigas da Illa do Con!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil

  • Duración do espectaculo: 80

  • Persoa representante : NELSON QUINTEIRO ROA

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/asnosasmusicas

  • Sinopsis da compañia :

    Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da danza, a música, o teatro de rúa e a animación sabendo conxugar sempre os mellores perfiles coas mellores ideas creativas. Somos especialistas en cabaré, teatro de rúa e contidos para todo o ciclo festivo do ano, creando propostas para todos os públicos. Creamos escenas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fagan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. Espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que precises transmitir, comunicar. Somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Ciclo "Cabaré Cabaré" do Excmo Concello de Pontevedra (2021) Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) 2017, 2018, 2019, 2021 e 2022 "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019, 2020 e 2021, 2022, 2023), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido" (A Coruña 2017 e 2018),"Tarde dos Pepes e das Pepitas" (Marín 2019), entre moitos outros. Ao longo destes últimos anos encargámonos do street márketing de propostas tan singulares como os festivais "Rilla na Rúa" ou a inauguración de "A Sede. RC Celta de Vigo", así como o desenvolvemento de propostas ad hoc para festas como San Xoán de Poio, San Xenxo e Santa Rosalía en Sanxenxo, Batalla de Flores de Pontevedra, etc... Creamos espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que queiras COMUNICAR.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Espectáculo de contacontos e concerto de animación que se escora pola verquente máis tradicional e popular nunha proposta infantil e musical a través das historias, contos e cantigas da Illa do Cón, reducto imaxinario que vén a ser unha alegoría de nós mesmos, a nosa historia, tradicións, músicas, oficios, rituais máxicos ou historias de narración oral. Neste espectáculo cantaremos un Maio. Festexaremos o Entroido, o San Xoán. Cantaremos cantigas de canteiros, de mariñeiros, tocaremos o ukelele, o pandeiro, as cunchas, os pitos, o punteiro. Remaremos nunha traíña. Bogaremos nun batel. Tiraremos das pedras, tocaremos o bombo... Sexa nun teatro ou auditorio, como nunha praza, o noso espectáculo amósase ideal para desfrutar en familia, pois todas e todos participamos dos xogos, bailes, ritmos, cantigas e risas que nos propón o Señor Patajullo, a personaxe de Nelson Quinteiro nesta travesía mariña. Con un vestiario branco de inspiración tradicional, en contraste co colorido da escenografía deseñada por Leandro Lamas, esta serve como retablo para os contos e cantigas que imos debullar como se se tratase dunha mazaroca de millo. Unha proposta cun sabor moi enxebre e, sobre todo, moi mariñeiro.¿ O noso espectáculo ten pasado por citas tan interesantes como a Zona Infantil do Festival de la Luz de Boimorto, a programación infantil das Festas do Cristo de Cangas, o Mercado Mariñeiro "Muros mira ao Mar" ou o festival "Parranda&Trucks" de Portonovo, o Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro de Pontevedra, "Nadal ao Noso Xeito" en Rianxo, "Mercado de Nadal" en Narón, Entroido en Cee, Festas de Verán de Poio... e está pronto para o seu abordaxe a teatros, auditorios, prazas, rúas, colexios ou bibliotecas nunha proposta musical e narrativa altamente participativa coa participación de Álvaro Cadalda ao acordeón (Señor Cachelo), Iago Prieto á gaita (Señor Xurelo) e David Lorenzo ao bombo (Señor Grelo)

  • Caché con IVE : 2640.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2640.0 €

  • Técnica