#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ÁRTIKA CÍA: MOSCA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTOS +12

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : ROCIO SALGADO

  • Datos de contacto : 627 165 468 - rocio.salgado@artikavigo.com

  • Páxina web do grupo : https://xn--compaia-8za.artikavigo.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Ártika Cía nace no sao da Sala Ártika de Vigo a cal foi fundada no 2014 por Fernanda Barrio e Marcos Alonso. Nese mesmo ano profesionalizaron a compañía Avento Producións que residía na mesma sala, e dende aí e ata o 2020 que se decidiu un cambio de marca cara o que hoxe sería Ártika cía levounos un camiño fermoso de case 12 espectáculos profesionais cun mesmo elenco profesional. E dende o 2021 Ártika cía apostou por un teatro un chisco máis comprometido coa sociedade, traballando por e para ela. Intendando que os valores da propia sala e da compañía vaian ligados a facer barrio en Vigo e en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sobre acoso escolar. Pedro vese reflectivo nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza. Anguriante e intensa, Mosca somérxese na vida dun neno e que é o que este sinte sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuízos e o non saber que facer e como pode solucionalo e entorno no que se desenvolve Pedro. O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade actualmente. Mosca é un proxecto que fala sobre o entorno dos nenos a través da súa familia e da escola. A impotencia do non saber que facer e a falta de información ao non detectar o problema a tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso.

  • Caché con IVE : 2420.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2420.0 €

  • Técnica