#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Trío Detrés: Máis Ritmo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Público familiar

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 622 434 488 - oficina360scoopgalega@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/mais-ritmo

  • Sinopsis da compañia :

    Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto son Trío Detrés, unha nova formación cómica que pretende encher os teatros e as rúas de música, humor e moito, moito ritmo. Tres músicos de ampla e variada traxectoria (Píscore, Trío Refugallo, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Brigadiers, Odaiko…) que volven unir forzas e talentos neste novo proxecto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Que acontece cando parte da banda chega tarde e despistada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.

  • Caché con IVE : 1210 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815 €

  • Técnica