#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A FARRA XOUS: A VIDA, UN FRENESÍ

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos públicos (preferentemente adultos).

  • Duración do espectaculo: 70 min.

  • Persoa representante : SPAIN PROJECT CONSULTING S.L.

  • Datos de contacto : 650 707 333 - japampillon@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/drive/folders/1--rxQvMltNYxzIO45IdFZTwwyDfBh0am?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Obra protagonizada por Adolfo “Popín” Maguna Strasser eManuel ”Lolo”Castro Lima, pallasos de profesión con máis de 35 anos de experiencia enescenarios de toda Galicia. Son actores, directores, guionistas de espectáculos teatrais, contacontos, magos,risoterapeutas... Un divertido dúo cómico cos mesmos denominadores comúns: acomunicación, a expresión e a risa. MANUEL «LOLO» CASTRO LIMA: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso, co seu personaxe «Lolo» leva percorridos moitos concellos por galicia con diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres da categoría de Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef,.. Clown, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, director e guionista de espectáculos infantís, mago, risoterapeuta, formador de profesorado e tempo libre, zancudo, artista de esculturas con globos, mediador social, xerente e fundador da empresa Barafunda s.l…..Toda unha vida adicada a comunicación, as accións sociais e a risa. ADOLFO «POPÍN» MAGUNA STRASSER: Cómico de nacemento con 48 anos de experiencia de clown que co seu personaxe «Popín» fixo rir a decenas de miles de persoas. Pasou por case todos os escenarios das 4 provincias galegas, España e Portugal. Actor de teatro, de TV, de curtametraxes, guionista e director de teatro, realizador de radio e TV, locutor, presentador, reporteiro, organizador de eventos, humorista, mago, clown, coordinador de xogo dramático, risoterapeuta e creativo publicitario… Todas realizacións da súa vida cos mesmos denominadores comúns: a comunicación, a expresión e a risa. Baixo a atenta dirección de David Alonso, actor, pedagogo teatral e creadorescénico, apañarán milleiros de risas. A cargo da escenografía e a iluminación, Beatriz de Vega, que aporta a beleza coa súa exquisita arquitectura escénica.

  • Sinopsis do espectaculo:

    LOL e POP viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación, móstrannos o paso do ser humano pola vida, dende a máis tenra infancia ata o ocaso da vellez. A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir. Espectáculo de comedia clown para tódolos públicos que trata o paso do tempo, dende a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade socio-política en clave de humor. A trama teatral, que interactúa co público, está dividida en sketchs cómicos.

  • Caché con IVE : 1995.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3495.0 €

  • Técnica