#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Carmen Domech: Contos para pasalo de medo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: De 4 a 11 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 627 416 836 - brincadeiraedicions@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://carmendomech.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar. Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu a vivir a Galicia no 1993 e nun par de meses comezou a contar en galego e así continuou a súa andaina de narradora por todo o noso país e máis aló.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Da señora Antonia din que é unha meiga. Será polo seu aspecto? Sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada. Ou polos seus amigos? Bandidos, pantasmas, morcegos e almas. Pero a señora Antonia, a través de cinco historias, achegaranos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terrorrrrr, ímolo pasar de meeeeedooooo. Os contos valoran a amizade e a xustiza, a cooperación e o diálogo fronte aos problemas e móstrannos que a bondade e o respecto son unha arma coa que se pode vencer a violencia. A sesión inclúe contos como “Os tres bandidos” de Tomi Ungerer, outros de tradición oral, como unha versión de “O home do saco", e outros de invención propia. Conducidos por unha marioneta de fíos de construción clásica, cada relato está contado cunha técnica diferente, sempre buscando a sorpresa e o humor no seu desenvolvemento. Este contacontos ten un teatriño de papel para que o público o descargue de balde antes ou despois de asistir ao espectáculo.

  • Caché con IVE : 400.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 400.0 €

  • Técnica