#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

SARABELA TEATRO: CRÓNICAS DO PARAÍSO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : SARABELA TEATRO/ CULTURACTIVA

  • Datos de contacto : 629 860 580 - sarabelateatro@yahoo.es

  • Páxina web do grupo : www.sarabelateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    Premio da Cultura Galega en 2017 , con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela, é a compañía de teatro de actor máis veterana de Galicia, está en proceso de cambio e de procura artística cons-tante. Con elencos máis ou menos numerosos nos que se contou con diversos profesionais do teatro galego xunto a membros da compañía, nos últimos anos esa variedade pasou tamén á dirección escénica. Sarabela nace no ano 1980 e ata o 2018 leva 51 montaxes teatrais, tanto para público adulto (na súa ma-ioría) como infantil. Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Ri-vas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel únense na traxectoria da compañía a dramaturxias propias como as de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Cou-ceiro. A compañía compaxina as súas producións coa organización e xestión de mostras e festivais para di-versos públicos (Miteu, Fito e Moti) e coa docencia (Aula de Teatro Universitaria de Ourense, grupos da ter-ceira idade, campañas de animación á lectura, etc) Ten obtido recoñecementos polos seus traballos entre os que están numerosos María Casares ade-mais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega. Cos seus espectáculos e as súas actividades percorreu Galicia, España e Portugal ademais de ter ac-tuado en Francia, Italia ou Marrocos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha carroza cargada de maletas, que está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla leva da man, na súa danza , a un sochantre asustado. Queren que toque para as exequias da señora De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu bombardino, pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición. Pero, que ocorrerá á noitiña? Que ocorrerá cando durma o sochantre? . O crime compensa O diñeiro compra todo, incluso a propia morte O Sochantre gaña un pomar a cambio da música no Funeral Non hai mortes Ninguén morre Están todos mortos Os bandidos nunca morren

  • Caché con IVE : 3145.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3450.0 €

  • Técnica