#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ÁRTIKA CÍA: PUM PUM QUEN HAI?

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL +3

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : ROCIO SALGADO

  • Datos de contacto : 627 165 468 - artikacia@artikavigo.com

  • Páxina web do grupo : https://xn--compaia-8za.artikavigo.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Ártika Cía nace no sao da Sala Ártika de Vigo a cal foi fundada no 2014 por Fernanda Barrio e Marcos Alonso. Nese mesmo ano profesionalizaron a compañía Avento Producións que residía na mesma sala, e dende aí e ata o 2020 que se decidiu un cambio de marca cara o que hoxe sería Ártika cía levounos un camiño fermoso de case 12 espectáculos profesionais cun mesmo elenco profesional. E dende o 2021 Ártika cía apostou por un teatro un chisco máis comprometido coa sociedade, traballando por e para ela. Intendando que os valores da propia sala e da compañía vaian ligados a facer barrio en Vigo e en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    "Pum Pum, Quen Hai?" é unha obra vibrante e chea de cor que mergulla aos espectadores na vida na aldea onde cada día é un xogo. Gaia, a protagonista, guía ao público a través dos xogos e segredos das portas do seu pobo. Cando aparecen novos veciños misteriosos, a obra desvela unha serie de equívocos cómicos que destacan a importancia da aceptación e a diversidade. Esta produción, cun profundo arraigo cultural e un enfoque en temas sociais actuais, promete ser unha adición enriquecedora e reflexiva á súa programación cultural.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica