#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

DIANA SIEIRA: THE WITCH, un espectáculo ritual

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir 12 anos

  • Duración do espectaculo: 75 minutos

  • Persoa representante : DIANA SIEIRA

  • Datos de contacto : 630 133 403 - disieira@hotmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/15iRFuWzCqzuJujDhWWFe3JbMV8soz5Eu/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    Diana Sieira - Actriz e Creadora escénica Diplomada en Interpretación e Técnico Superior de Produción. Diana Sieira comeza a súa carreira de actriz no 2005, percorrendo a cotío os escenarios galegos dende aquela, en solitario e con outras compañías. En audiovisual participou en series de ficción; documentais, publicidade, curtametraxes, videoclips… E traballou como locutora de radio e actriz de dobraxe. Asimesmo, podemos atopala habitualmente presentando eventos e galas, ou facendo intervencións como actriz e cómica. Creadora polifacética, entre 2012 e 2020 dirixe e presenta unha sección de circo para Luar TVG, pola que fixo pasar as máis importantes estrelas a nivel mundial desta disciplina. Diana tivo tempo para facer decorrer en paralelo a súa carreira como productora en innumerables filmes, series, galas, festivales, concertos e eventos de todo tipo, moitos deles de carácter internacional. En 2020 crea Cía. Diana Sieira para estrenar en 2021 “The Witch, un espectáculo ritual”, co que sigue xirando e que se estrenou en 2023 en castelán a nivel nacional. En 2023 é seleccionada para a coprodución do CDG ca Compañía Nacional de Teatro de México “Canta máis luz, máis sombra”, na que interpreta a Rosalía de Castro, e que foi representada en Galicia e México. Actualmente compaxina a súa actividade escénica coa formación Integral Performance Making na recoñecida escola internacional Arthaus Berlin, dirixida por Thomas Prattki, sendo unha das dez escollidas a nivel mundial.

  • Sinopsis do espectaculo:

    The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, a Cómica, a Menciñeira e a Acusada entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2600.0 €

  • Técnica