#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Esperanza Mara & Vella Escola: Ópera Break´s

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Familiar e xuvenil

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Vella Escola Cultura Urbana

  • Datos de contacto : 637 089 318 - info@vellaescola.com

  • Páxina web do grupo : https://www.vellaescola.gal

  • Sinopsis da compañia :

    Esperanza Mara & Vella Escola é unha compañía que fusiona a soprano Esperanza Mara cos artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Esperanza Mara comeza a súa carreira musical relacionada coa música tradicional galega, da man de dous integrantes de Leilía, e a continuación coa música clásica, sector no que desenvolve grande parte da súa carreira artística, formando parte de coros como o Orfeón Terra A Nosa, o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Extremadura, interpretando programas de todo tipo, desde ópera a oratorio. Gañou mencións e premios na súa carreira como solista actuando nas mellores salas de concertos. Actualmente dedícase a promocionar e achegar a música clásica a colectivos en risco de exclusión social e a crear proxectos que fusionan ópera e música clásica con outros estilos. Por outra banda, Vella Escola é unha entidade cultural conformada por músicos, artistas e deportistas especializados e con máis dunha década de traxectoria no ámbito da Cultura Urbana e do Hip Hop en Galicia, coordinados por persoal técnico formado e con experiencia na organización de eventos, espectáculos e na xestión cultural. Vella Escola leva 15 anos de vida dentro da cultura urbana organizando máis de 1.000 actividades/proxectos, pioneiros e referentes na promoción do Breakdance como disciplina olímpica a nivel nacional, editores do primeiro libro de consulta en galego sobre o Hip Hop e creativos naturais e inconformistas de natureza na procura de novos retos e contextos onde aplicar e desenvolver as disciplinas deste movemento alternativo. A principal misión de Vella Escola é democratizar e facer accesible a cultura urbana a todos os públicos, con especial interese na mocidade.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ópera Break´s é un espectáculo que mestura ópera, breakdance, beatbox e dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela dirixida á mocidade, libre de normas, transgresora e que se cultiva a pé de rúa, moitas veces tamén ligada á loita social. Este espectáculo singular vai dirixido a un público mozo pero tamén familiar que gozará dun show onde a expresión musical e corporal romperá as barreiras do clásico e do urbano, fusionando estilos diferentes e dando orixe a un espectáculo multidisciplinar e impredicible onde todo o inimaxinable pode chegar a suceder... Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

  • Caché con IVE : 3025 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3525 €

  • Técnica